Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Toponimízate recala este venres en Covelo cunha charla divulgativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Toponimízate recala este venres en Covelo cunha charla divulgativa

S. P.
Publicado: 27/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cartel_topnimizate_covelo_2022.jpgO Concello de Covelo convida a participar este venres día 30 de setembro no programa Toponimízate, unha iniciativa que permite á cidadanía coñecer o manexo dunha aplicación de teléfono móbil na que rexistrar os nomes dos seus barrios e lugares. Esta aplicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Real Academia Galega, explican dende o Concello, está concibida “para rescatar do esquecemento a riqueza da nosa toponimia e ser unha ferramenta útil que facilite a localización de propiedades rexistrando toda a nomenclatura existente”.
A charla informativa será no Auditorio Municipal ás 11:30 horas a cargo do coordinador da unidade técnica de toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), Vicente Feijóo Ares.
Esta campaña informativa organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Real Academia Galega e na que tamén participa o Concello de Covelo, ten como obxectivo principal “concienciar á cidadanía da riqueza cultural que se agocha detrás da microtoponimia galega e o risco que ten de perderse”.
Coa intención de pór en valor os nomes de lugar locais e implicar á cidadanía o acto está aberto a todas as persoas interesadas, ás nais e pais do alumnado CEIP Antonio Rodríguez Blanco (que participará asistindo á charla divulgativa), ás asociacións e colectivos municipais que poidan interacturar coas e cos máis maiores do concello e ás directivas e membros de comunidades de montes que poderán logo ensinar o manexo da aplicación móbil a toda a súa veciñanza.
Porase o foco tamén no portal Galicia Nomeada, unha aplicación colaborativa que será explicada polo miúdo na charla do venres para “que todos e todas poidamos sacarlle a máxima rendibilidade obtendo unha ampla base de datos xeoreferenciada e normativizada”, explican dende o Concello.
O alcalde Pablo Castillo anima a todas as persoas a “asistir e formar parte da recuperación da identidade de Covelo mantendo vivo o seu coñecemento e a súa riqueza cultural”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?