Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios Youtubeiras abren prazo de inscrición da súa sexta edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios Youtubeiras abren prazo de inscrición da súa sexta edición

S. P.
Publicado: 27/09/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

youtubeiras_2022_presentacion_pontevedra.jpgOs Premios Youtubeiras abriron o prazo da súa sexta convocatoria, cuxos detalles podemos ver xa na súa web. Ademais, as entidades organizadoras desvelaron a composición do xurado que decidirá en xaneiro as persoas gañadoras. Rrepartiranse 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público. O prazo finalizará o 15 de novembro Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. O obxectivo, novamente, é reivindicar e revitalizar o galego como lingua de expresión, comunicación e creatividade no universo actual dos contidos dixitais.
As bases que rexen esta nova convocatoria, os seus obxectivos, os datos de participación da última edición e o xurado que decidirá os galardóns en xaneiro foron as novidades que se anunciaron hoxe en Pontevedra nunha rolda na que participaron o concelleiro de Normalización Lingüística do Concello Pontevedra, Alberto Oubiña; a concelleira de Cultura de Rois, Victoria Quiroga; o concelleiro de Normalización Lingüística de Moaña, Aldán Santamaría, e a vicerreitora de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Susana Reboreda.
Oubiña dixo que “esta iniciativa ten como meta consolidar e ensanchar a comunidade creadora na nosa lingua na Rede”. Engadiu que os obxectivos para esta sexta edición pasan por “reforzar a formación” e “abrir novos espazos de aprendizaxe especializada para youtubeiras, incentivar a súa profesionalización e poñer en valor a súa figura, como tamén fomentar temáticas aínda pouco tratadas a día de hoxe en galego en Youtube ou a visualizar a creación no Youtube na nosa lingua”.
youtubeiras_presentacion_pontevedra.jpgQuiroga, pola súa banda, debullou as novidades das bases deste ano, aproveitando a ocasión para celebrar o “compromiso inequívoco coa lingua” das 12 institucións organizadoras. Tras este recoñecemento, lembrou que os galardóns entregarán 7.500 euros en premios entre oito categorías: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público.
É precisamente nas categorías onde se produce unha das primeiras novidades deste ano, xa que aparece por vez primeira o apartado de youtubeira/o revelación. Ademais, modifícanse as contías dos premios en metálico. Todos os galardóns contarán cunha dotación de 1.000 euros, agás o premio do público ao que se reservan 500 euros. Muíño, ademais, lembrou que este ano volverán admitirse as canles que só teñan un vídeo público, a diferenza da anterior convocatoria na que se requirían un mínimo de cinco.
Datos de 2021
Pola súa banda, Aldán Santamarina, concelleiro de Moaña, encargouse de explicar ante os medios os datos referentes á quinta edición. Nese sentido, sinalou que se inscribiron un total de 44 canles, das que cumprían integramente as bases 38 delas que, no seu conxunto, reunían unha produción de 2.613 vídeos. As subscricións totais destas canles superan as 40.000, mentres que as visualizacións en conxunto ascenden a máis 2.743.000.
Santamarina tamén fixo unha comparativa en canto ao volume de vídeos e da evolución de Youtubeiras dende a súa primeira edición ata a cuarta, excluíndo os datos da última na que se modificaron as bases para centrarse no fomento e participación das canles. A cifra achega unha radiografía do efecto de Youtubeiras na produción de contidos. “En 2017 concorreron 202 vídeos, mentres que na convocatoria de 2020, durante a pandemia, a cifra ascendeu ata os 536”, concluíu Aldán Santamarina.
Xurado e entrega
Finalmente, Susana Reboreda, representante da Universidade de Vigo, encargouse de desvelar a constitución do xurado que neste ano decidirá quen gaña en sete das oito categorías do certame: Olaxonmario, gañador do premio ao youtubeira/o do ano na edición anterior, Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense e coordinadora de Youtubeiras nas primeiras catro edicións; Carmen Nieto, dinamizadora e formadora no eido das novas tecnoloxías; Elvira Nercellas, estudante e integrante do Grupo por unha Medicina galega en galego, e Alba Rodríguez, administrativa que deu a coñecer o cambio de lingua a través de Twitter no ano 2018. O seu ditame darase a coñecer no mes de xaneiro durante unha gala de entrega que en edicións anteriores presentaron artistas como Patricia de Lorenzo, a compañía teatral A Panadaría ou Tanxugueiras.
Á rolda de prensa asistiron tamén en representación das institucións organizadoras Lorena Trillo, concelleira de Normalización Lingüística da Baña; Escarlata Pampín, concelleira de Normalización Lingüística de Ames; a concelleira de Cultura de Ribadeo, Pilar Otero, e a concelleira de Normalización Lingüística de Teo, María López Álvarez,

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?