Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: eXXperimenta en Feminino leva a súas exposicións a 30 centros educativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

eXXperimenta en Feminino leva a súas exposicións a 30 centros educativos

S. P.
Publicado: 28/09/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

exxperimenta_en_feminino_mulleres1.jpgO colectivo eXXperimenta en Feminino da UVigo, composto por profesoras e investigadoras da ESEI (Escola Superior de Enxeñaría Informática), a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, comeza o curso con accións de divulgación que reivindiquen e visualicen as contribucións das mulleres ao progreso científico e e tecnolóxico. No programa inclúense as exposicións As mulleres que nos levaron á lúa e Mulleres na ciencia. As mostras, que queren espertar en rapazas e rapaces a vocación científica suplindo a carencia de referentes femininos no campo STEM, percorrerán de balde este curso académico arredor dunha trintena de centros educativos das catro provincias galegas.
14 mulleres destacadas en diferentes áreas
A mostra Mulleres na cencia foi a primeira das postas en marcha polo colectivo, coincidindo coa pandemia da COVID-19. Trátase dunha iniciativa que conta co patrocino da Unidade de Igualdade da UVigo e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), do Ministerio de Ciencia. Está formada por 14 pósters de gran tamaño sobre mulleres cun destacado papel no eido STEM. De cada protagonista, a exposición recolle información da súa traxectoria, de cales foron as súas achegas e dos premios ou recoñecementos que recibiu tanto en vida como despois.
A través dos paneis expostos o público pode coñecer desde a primeira muller galega (e española) en presentar unha tese no campo da astronomía ata a muller que deu o seu nome á linguaxe de programación ADA. Concretamente, a exposición ofrece información da física Mileva Maric; da física e pioneira na apicultura Eva Crane; da programadora Ada Lovelace; da astrónoma Antonia Ferrín; da bioquímica Margarita Salas; da química e nutricionista Elsie Widdowson; da enxeñeira química Frances Arnold; da enfermeira Isabel Zendal; da microbióloga Esther Lederberg; da psicóloga e bióloga Linda B. Buck; da química industrial e farmacéutica María José Núñez; da farmacéutica e química Tarsy Carballas; da tecnóloga dos alimentos Concepción Llaguno e da química e farmacéutica Teresa Toral.
Referentes no eido espacial
uvigo_exxperimenta_en_feminino_mulleres2.jpg O pasado curso académico, eXXperimenta en Feminino puxo en marcha unha segunda exposición, As mulleres que nos levaron á lúa, destinada a recoñecer o traballo de mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa, visualizando referentes femininos en ámbitos de futuro como a enxeñería aeroespacial. Neste caso, a mostra foi lanzada co apoio da Deputación de Ourense e da Unidade de Igualdade da UVigo. Consta de doce paneis, con textos e ilustracións de Manuela Elizabeth Rodríguez MeliMolita, nos que se recolle a biografía e logros do equipo de enxeñeiras, matemáticas, físicas e informáticas que tiñan como misión “vixiar e preparar os cálculos de traxectoria, a programación dos ordenadores e mesmo a alimentación dos astronautas que viaxaron ao espazo no Apolo XI”. Entre os nomes incluídos están os de Annie Eeasley, Jeanne Lee Crews, Mary Sherman, Galina Balashova e Christine Darden.
Este curso académico, a exposición Mulleres na ciencia estará, en quendas de 15 días, en 16 espazos das catro provincias galegas (14 centros educativos, unha biblioteca e unha asociación xuvenil), como son o CPR Luis Vives, o IES A Pinguela, o CPR Divina Pastora, o IES Poeta Añón, a Biblioteca de Celanova, o IES Salvaterra de Miño, o IES Universidade Laboral, o CPI Fonte Díaz, o CIFP A Carballeira, o Colexio Miraflores, o CEIP de Seixalvo, o IES República Oriental do Uruguai, a Asociación Xuvenil Amencer, o IES As Lagoas, o CEIP Plurilingües Montemogos e o CEIP Condesa de Fenosa. Pola súa banda, As mulleres que nos levaron á lúa percorrerá neste 2022/2023 14 centros educativos galegos, como son o IES Politécnico de Vigo, o IES Gonzalo Torrente Ballester, o CPI Viaño Pequeno, o IES da Cañiza, o IES Manuel Murguía, o CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, o IES Rosais 2, o IES San Clemente, o IES Plurilingüe Castro da Uz, o IES O Couto, o IES Fernando Esquío, o CIFP Manuel Antonio, o IES da Terra Chá José Trapero Pardo e o CEIP Ben Cho Shey.
Como alternativa para as persoas que desexan ver os materiais pero non poden facelo de xeito presencial, o colectivo organizador tamén ten realizado unha versión virtual das exposicións na súa web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?