Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A porcentaxe de galegos con competencias dixitais básicas ou avanzadas supera o 61%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A porcentaxe de galegos con competencias dixitais básicas ou avanzadas supera o 61%

Redacción
Publicado: 03/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

competencias_dixitais_galicia_evolucion.jpgO nivel de competencias dixitais entre a cidadanía galega continúa a súa evolución positiva. En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación Galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, acadando o 61,6%. Entre os internautas, Galicia ocupa o sexto lugar entre as Comunidades Autónomas en competencias dixitais básicas ou avanzadas.
Son parte dos resultados da análise de Competencias Dixitais elaborada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en base aos datos da Enquisa TIC nos fogares do ano 2021 realizada polo INE, que permite obter unha foto da situación actual das competencias dixitais en Galicia, un perfil sociodemográfico detallado aplicando metodoloxías propostas polo INE e EUROSTAT.
Os datos presentados analizan as competencias dixitais da poboación galega partir da metodoloxía Digital Competence Framework deseñado pola Comisión Europea que se aplica para toda Europa e que establece cinco dimensións: Información e datos, Comunicación e colaboración, Creación de contido dixital, Solución dos problemas e contorna dixital e, como novidade, Seguridade e privacidade.

Contidos
  • Análise das competencias dixitais por dimensións
  • Perfil sociodemográfico

Análise das competencias dixitais por dimensións

A desagregación de habilidades dixitais por dimensións amósanos a Galicia moi preto da media estatal a pesares de presentar unha poboación máis avellentada, mentres conserva unha notable vantaxe sobre os promedios para Europa en todos os indicadores.
En 2021, o 84,7% dos galegos de 16 a 74 anos posúen competencias dixitais básicas ou avanzadas en materia de Información, cunha vantaxe de 4,7 puntos porcentuais coa media europea (80%) e o 88,6% dos galegos de 16 a 74 anos teñen habilidades básicas ou avanzadas en materia de Comunicación e colaboración, situándose 2,6 puntos por enriba da media europea (86%).
A Creación de contidos dixitais é a área competencial menos estendida en Galicia e no conxunto do territorio estatal. Aínda así, a porcentaxe de galegos/as de 16 a 74 anos con habilidades básicas ou avanzadas en creación de contidos dixitais (69,7%), supera a media europea (66%) en 3,7 puntos porcentuais
As habilidades dixitais en Seguridade da poboación galega son as que superan con maior diferenza a media europea. En 2021, o 76,2% dos galegos/as de 16 a 74 anos dispoñen de habilidades básicas ou avanzadas en materia de Seguridade, moi preto da media estatal (77,1%) e 8 puntos por riba da media europea.
En 2021, o 81,7% dos galegos/as de 16 a 74 anos teñen habilidades básicas ou avanzadas en materia Resolución de problemas, que sitúa a Galicia a 3,2 puntos porcentuais da media estatal (84,9%) e mellora a europea (80%)

Perfil sociodemográfico

As competencias avanzadas están máis estendidas entre as persoas de 25 a 34 anos (58,7%) e tamén entre aqueles galegos que actualmente están a estudar (69%). Este tipo de habilidades na contorna dixital é máis frecuente entre as persoas as que teñen formación universitaria (60%) e contan con rendas superiores aos 3.000 euros ao mes (59,6%).
O nivel de competencias dixitais básicas ou avanzadas superan xa o 80% entre as persoas menores de 45 anos, estudantes e persoas ocupadas por conta allea, con formación en FP ou superior.
As competencias dixitais baixas destacan entre a poboación a partir dos 55 anos, os dedicados a labores do fogar ou pensionistas, quenes contan cun nivel de estudios inferior á segunda etapa de secundaria, e entre aqueles que contan con renda inferior aos 900 euros
Cabe salientar que nas dimensións de Comunicación e colaboración e Seguridade as mulleres superan aos homes no nivel avanzado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?