Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura ábrese a novas iniciativas culturais, sociais e tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura ábrese a novas iniciativas culturais, sociais e tecnolóxicas

Redacción
Publicado: 03/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

centro_emprendemento_gaias-2.jpgA Xunta de Galicia lanza unha convocatoria para o aloxamento de proxectos e empresas culturais, sociais e tecnolóxicas no Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura. Poderán concorrer á mesma iniciativas emprendedoras e profesionais das industrias culturais e tecnolóxicas, así como entidades sen fins lucrativos, que busquen un espazo dinámico e creativo no que desenvolverse.
En total, ofértanse 36 prazas distribuídas entre o Viveiro Gaiás, que ofrece 20 espazos independentes e modulares adaptables ás necesidades das empresas, e o Espazo de Cotraballo do Centro de Emprendemento, que conta con 16 postos de traballo individuais nunha contorna colaborativa. Todas elas dispoñen de mobiliario, conexión á rede, salas de reunións privadas, un espazo de formación, caixas de correo para a correspondencia postal e unha zona común de descanso.
Ademais, as entidades aloxadas no CEM, e especialmente aquelas iniciativas emprendedoras en fase de inicio ou consolidación, beneficiaranse dun completo programa de formación e acompañamento deseñado para dar pulo á súa actividade. Este servizo inclúe titoría, asesoramento financeiro e no desenvolvemento de modelos de negocio, participación en eventos de networking e showrooms adaptados ás súas necesidades.
As solicitudes poderán presentarse durante todo o mes de outubro, preferentemente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. As bases reguladoras da convocatoria e o procedemento poden consultarse na web da Cidade da Cultura.

Creación de sinerxías

Con esta nova chamada á integración de iniciativas e proxectos culturais no Gaiás, o Goberno galego busca impulsar o desenvolvemento de proxectos dinamizadores do sistema cultural galego o seu conxunto, aproveitando a oportunidade de crear sinerxías e eixos de actuación comúns entre a Fundación Cidade da Cultura e aquelas entidades e institucións vinculadas á promoción das industrias culturais, ao emprendemento creativo, ao desenvolvemento tecnolóxico e á innovación.
Neste sentido, valorarase nas solicitudes a capacidade de adecuación e implicación dos proxectos cos obxectivos e liñas de traballo da Cidade da Cultura, recollidos no II Plan Estratéxico 2021-2027. Tamén se terán en conta aspectos como o seu carácter innovador, cultural e tecnolóxico, a capacidade das entidades para favorecer a implicación de persoas diversas, especialmente aquelas en situación de vulnerabilidade, a súa contribución á creación de emprego ou número de beneficiarios potenciais e a súa viabilidade económico-financeira.
A cesión de espazos no Centro de Emprendemento terá unha duración inicial dun ano, prorrogable automaticamente por períodos similares, ata un máximo de tres, previa conformidade da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?