Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca con 11 proxectos a cuarta edición da Business Factory Aero de GAIN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca con 11 proxectos a cuarta edición da Business Factory Aero de GAIN

S. P.
Publicado: 04/10/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

bfaero_cuarta_edicion_gain.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou este martes 4 de outubro no evento formal de ingreso dos proxectos seleccionados na Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación impulsado pola dito departamento da Xunta no marco do Polo Aeroespacial de Galicia. Serán 11 iniciativas as que participarán na súa cuarta edición, a que máis propostas recibiu, un total de 88. A cita celebrouse na sede da Fundación CEL en Lugo. Haberá un itinerario de incubación (con tres prazas e orientado a empresas en fases iniciais dos seus proxectos), de aceleración (con cinco propostas e deseñado para empresas cun modelo máis evolucionado) e de consolidación (a gran novidade desta convocatoria, pensada para empresas xa asentadas que queren ir un paso máis alá nos seus proxectos e na súa presenza nos mercados, na que haberá tres proxectos).
Das 11 propostas empresariais que protagonizarán esta nova edición do programa, un total de 8 corresponden a iniciativas de orixe galega. As outras 3 son de Cataluña, Navarra e Uruguai, feito que segundo fixo saber Argerey, “referenda o modelo autonómico en materia de internacionalización e de retención e captación de talento innovador no sector aeroespacial”.
Entre os seleccionados hai 3 empresas que xa teñen participado en edicións anteriores da BFAero e 4 constituirán novas iniciativas empresariais en Galicia.
En canto ás áreas temáticas nas que se encadran as distintas iniciativas empresariais escollidas, a categoría con maior presenza é a de Aplicacións, cun total de 6 proxectos, seguida de Plataformas con 3 e finalmente Equipos, con 2. Os 11 proxectos empresariais seleccionados empregan a un total de 57 persoas.
O itinerario de incubación é de 12 meses de duración, o de aceleración de 8 meses e o de consolidación de 4 meses. Estes 11 proxectos seleccionados accederán a un completo programa de formación con titores especializados no sector aeroespacial e disporán do apoio económico da Xunta de Galicia e da integración no ecosistema en torno ao Polo Aeroespacial de Galicia, ademais dun bono de 10.000€ para empregar servizos e infraestruturas nos que se inclúen horas de voo e apoio en certificacións do sector, entre outros.
A BFAero, en colaboración coa Fundación CEL Iniciativas por Lugo, favoreceu nas súas tres primeiras edicións a participación de 19 empresas, a creación de 8 startups e un investimento de 5 millóns de euros. Coa cuarta e a quinta convocatoria, que contan cun investimento total de 7,2 millóns de euros, o obxectivo é apoiar un total de 25 empresas do sector.
Esta iniciativa para o sector aeroespacial enmárcase dentro da Rede galega de aceleradoras sectoriais de innovación e presenta aos 11 proxectos e empresas que protagonizarán a máis completa das edicións desenvolvidas ata o momento:
Incubación
-Proxecto Counter-UAS (spin-out de Gradiant, Galicia): Sistema de detección, identificación e neutralización de drons a través dun sensor de radiofrecuencia e un sensor electro-óptico.
-Kreios Space (Cataluña): Desenvolvemento de sistemas de propulsión eléctrica autónoma para satélites que permitirá reducir custos e aumentar a resolución de imaxes ata 16 veces.
-Aguia -Proxecto Smart Pavement Analytics (Galicia): Análise de imaxes e elaboración de informes automáticos para a inspección de infraestruturas liñais.
Aceleración
-Enercraft (Galicia): Solución de xestión enerxética e monitoraxe de datos para a optimización do uso e prolongación da vida útil das baterías dos vehículos non tripulados, reducindo a pegada industrial.
-Generadron -Proxecto Dronewind II (Galicia): Mellora na toma de datos das pas dun aeroxenerador en movemento e a automatización avanzada do proceso para poder comercializar tanto o sistema como o servizo. (Participante na primeira edición de BFAero).
-Beagle Technology (Galicia): Solución que inclúe software e hadware para ofrecer conciencia situacional mellorada en situacións de emerxencia (vídeo en tempo real xeoposicionado e posición de medios participantes propios ou alleos á mesma: embarcacións, aeronaves, ambulancias…).
-Dronfies Labs – Proxecto Cielum (Uruguai): Plataforma de provisión de servizos U-Space que engloba módulos de xestión e control do espazo aéreo, a integración por software e por hardware.
-Solucións aeronáuticas de Galicia – Proxecto Anduriña 25 (Galicia): Deseño, fabricación e comercialización dunha aeronave polivalente de grande autonomía con despegue e aterraxe vertical. É a primeira aeronave VTOL (engalaxe e aterraxe en vertical, polas siglas en inglés de vertical take-off and landing) redundante en todos os seus sistemas críticos desenvolvida e patentada en España.
Consolidación
-SDMAP -Proxecto ATOM (Galicia): Ferramenta para a integración de drons en operación e mantemento de instalacións industriais. Crea un entorno de traballo, planifica operacións, xestiona e procesa datos para análises complexas. Hardware a software que optimiza a captura de información, xestión, almacenamento e consulta (participante na terceira edición de BFAero).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?