Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Instituto Tecnolóxico de Galicia impulsa o primeiro voo de dron aerotaxi en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Instituto Tecnolóxico de Galicia impulsa o primeiro voo de dron aerotaxi en España

S. P.
Publicado: 04/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

itg_aero_taxi_dron.jpgO Instituto Tecnolóxico de Galicia representou nas instalacións do Centro de Investigación Aeroportada (CIAR) en Rozas, Castro de Rei (Lugo) o que sería o primeiro voo dun dron-aerotaxi en territorio español. O aparello despegou equipado coa solución tecnolóxica de xestión de tráfico aéreo urbano do ITG: a plataforma AIRUS, destinada á integración eficiente e segura de drons en vilas e cidades e froito da UMI (Unidade Mixta de Investigación) formada por ITG e NTT DATA, co apoio da Xunta (Axencia Galega de Innovación, GAIN). A demostración nas Rozas abeirouse ao proxecto europeo AMU-LED, que busca avanzar na integración segura dos vehículos aéreos non tripulados en contornas urbanas.
“Esta integración”, sinala o ITG, “será clave para a democratización dos servizos de mobilidade aérea urbana no futuro, xa que permitirá habilitar aerovías urbanas baixo demanda e en tempo real”. O instituto tamén explica que este software “incorpora os últimos avances en enxeñaría de tráfico de drons para proporcionar funcionalidades ao centro de xestión como a identificación e o rexistro de drons, o xeoposicionamiento, a resolución de conflitos de plans de voo, o seguimento e a monitoraxe do voo, a información de tráfico, a interface con ATC (controlador tráfico aéreo), a xestión de emerxencias, a información aeronáutica precisa, etc”. Estes elementos dan como resultado “unha tecnoloxía con alto nivel de intelixencia, seguridade, automatización e dixitalización, elementos que permiten tráfico de drons en escenarios complexos, onde a vixilancia é obrigatoria, por exemplo con voos que se realizan máis aló do alcance visual do piloto, en contornas aeroportuarias, en espazos aéreos de alta densidade de tráfico, en áreas urbanas ou noutras infraestruturas críticas”, engaden o ITG e NTT Data.
Respecto do vehículo mostrado nas Rozas, tratouse dun dron EH216, en palabras das dúas empresas devanditas o aparello AAV (siglas en inglés de Vehículo Aéreo Autónomo) “máis avanzado do mundo”. Segundo salientan o ITG e NTT Data, trátase dun trebello completamente autónomo que pode transportar ata 250 quilogramos, suficiente para transportar dúas persoas ao longo de 35 quilogramos. A aeronave, que pode alcanzar os 130 km/h de velocidade, é impulsada con enerxía eléctrica que se recarga a través dunha fonte de alimentación de 220V ou 380V nunha hora como máximo. Xa ten acumulados 20.000 voos, 10.000 horas de viaxe e máis o transporte de 1.600 persoas, en doce países. O seu fabricante, EHang, é un referente mundial en tecnoloxía AAV e participa en números proxectos da UE para o desenvolvemento da Mobilidade Aérea Urbana (UAM) con socios tecnolóxicos europeos, como o ITG, entre outros. No transcurso das probas que tiveron lugar en Rozas, o aerotaxi realizou 4 campañas de voo, combinando tráfico de drons lixeiros simulado que permitiron demostrar a capacidade do sistema AIRUS para reaccionar en tempo real a diferentes continxencias, como desvíos do plan de voo, obstáculos en pista e zonas restrinxidas no aire.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?