Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: XoveTIC, a gran cita dos novos investigadores das TIC, retoma esta semana a presencialidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

XoveTIC, a gran cita dos novos investigadores das TIC, retoma esta semana a presencialidade

S. P.
Publicado: 04/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xovetic_fbapzw2x0aaprhc.jpgOs novos investigadores de España e Portugal que traballen en proxectos de Intelixencia Artificial, análise de información a gran escala (Big Data), computación de altas prestacións, servizos e redes intelixentes ou ciberseguridade teñen unha cita co talento esta semana no Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC) da Universidade da Coruña. Será con motivo da quinta edición do Congreso XoveTIC, que se celebra este mércores 5 e este xoves 6 de outubro retomando a presencialidade tras dous anos celebrándose en liña debido á pandemia. O congreso terá lugar no CITIC, agás a sesión de pósteres na tarde do mércores, que será na Facultade de Informática da UDC coa finalidade de achegar o encontro ao alumnado.
Segundo informou o centro coruñés, organizador da cita, no congreso presentaranse máis de 50 traballos de investigación no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), tanto en formato comunicación oral coma en póster. Os cinco considerados mellores polo comité científico avaliador recibirán unha axuda económica. Unha aplicación informática para saúde mental, un proxecto sobre realidade aumentada para montaxe e mantemento de estaleiros, Big Data para corrección de erros en lectura xenética, detección de ataques DoS e un simulador para a toma de decisións durante pandemias foron os traballos recoñecidos o pasado ano.
Ademais, tamén terán lugar dúas conferencias plenarias a cargo de Sabela Ramos Garea, enxeñeiro de software en Google Research, Brain Team; e José Francisco Tirado Fernández, catedrático de Arquitectura e Tecnoloxías da Computación da UCM e presidente do Comité Asesor Externo do CITIC.
O encontro, orientado á busca de talento investigador mozo no eido das TIC, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Facultade de Informática da UDC, a Universidade de Oviedo, a Universidade Politécnica de Madrid, a Universidade de Porto e Atlanttic da Universidade de Vigo. Os premios están financiados polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Clúster TIC de Galicia, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), a Fundación CITIC de Galicia e as cátedras institucionais da Facultade de Informática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?