Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMETIC presenta o caso galego como exemplo de boas prácticas en Compra Pública Innovadora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMETIC presenta o caso galego como exemplo de boas prácticas en Compra Pública Innovadora

S. P.
Publicado: 06/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20221006gainwebinario1.jpgA patronal tecnolóxica española AMETIC (Asociación de Empresas TIC) organizou este xoves 6 de outubro unha xornada en liña sobre a fórmula da Compra Pública Innovadora como instrumento de colaboración público-privada. Púxose o foco no “caso galego” con representantes da Axencia Galega de Innovación. Participou a directora de GAIN, Patricia Argerey, que destacou que a estratexia da CPI é “o mellor instrumento de apoio á I+D+i do que dispoñen as administracións públicas e o máis acaído aos intereses das empresas”.
Argerey fixo estas declaracións no marco da xornada La Compra Pública Innovadora (CPI) como instrumento de colaboración público-privada: el caso gallego, na que se presentou a iniciativa desenvolvida en Galicia como exemplo de boas prácticas no uso deste instrumento de contratación pública. A directora lembrou que a nosa Comunidade executou máis de 300 millóns de euros de fondos propios e europeos en proxectos de CPI en algo máis dunha década.
Argerey subliñou entre as vantaxes deste instrumento que “permite mellorar os servizos públicos mediante a incorporación de bens ou servizos innovadores; fomentar a innovación empresarial desde a demanda; impulsar a internacionalización da innovación; e compartir os riscos e beneficios inherentes á innovación co tecido empresarial”. Así mesmo, dixo, “supón unha oportunidade moi valiosa para consolidar a cultura da innovación dentro da administración pública”.
Dentro dos proxectos executados por Galicia a través de CPI, a directora destacou o Polo Aeroespacial de Galicia, “unha iniciativa estratéxica pioneira en Europa”, liderada pola Xunta en colaboración con outras administracións, na que están a participar máis de 50 axentes (empresas e centros tecnolóxicos e de coñecemento), para desenvolver unha industria e un ecosistema de coñecemento ao redor de solucións innovadoras baseadas nas tecnoloxías dos vehículos non tripulados.
Patricia Argerey puxo o Polo Aeroespacial de Galicia como exemplo de política de I+D+i que serve de panca á política industrial, en liña coa especialización e concentración de recursos en sectores de alta tecnoloxía recollidas na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, e empregando a Compra Pública de Innovación para maximizar o impacto dos fondos públicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?