Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Ministerio de Ciencia e Innovación distingue a Carlos Gómez Rodríguez, investigador do CITIC da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Ministerio de Ciencia e Innovación distingue a Carlos Gómez Rodríguez, investigador do CITIC da UDC

S. P.
Publicado: 06/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

carlos_gomez_rodriguez_citic.jpgO profesor da Universidade da Coruña Carlos Gómez Rodríguez obtivo o Premio Nacional de Investigación para Jóvenes María Andresa Casamayor, na área de Matemáticas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) que outorga o Ministerio de Ciencia e Innovación. O investigador do CITIC foi recoñecido “pola orixinalidade e o impacto das súas achegas ao desenvolvemento de algoritmos que incorporan a linguaxe natural a contornas dixitais propios da Intelixencia Artificial”, segundo destaca a nota emitida polo Ministerio este mesmo 6 de outubro.
Para Carlos Gómez “este premio é un recoñecemento que non esperaba e que sempre é benvido”, manifestou. A súa traxectoria investigadora é o Procesamento da Linguaxe Natural, en particular a análise sintáctica, “moi interesante pois contribúe a que os ordenadores poidan traballar coa linguaxe humana, de forma que se comuniquen con nós de forma máis efectiva”, explica, poñendo o foco na importancia do desenvolvemento de sistemas de procesamento da linguaxe multilingües e eficientes, “un ámbito especialmente relevante para linguas que non contan con grandes mercados ou abundancia de recursos, como é o caso do galego”.
Xunto con Carlos Gómez, foron recoñecidos outros nove investigadores novos, nunha convocatoria na que se presentaron 185 candidaturas.
A Universidade da Coruña destacou que estes premios “son o recoñecemento máis importante de España no ámbito da investigación científica”.
Os galardóns, dotados con 30.000 euros en cada modalidade, están dirixidos a investigadores de menos de corenta anos, que estean desenvolvendo un labor relevante e recoñecido internacionalmente nunha institución española.
Carlos Gómez Rodríguez (Murcia, 1982) é profesor titular (actualmente pendente de nomeamento como Catedrático) na Universidade da Coruña, na que se doutorou en Computación en 2009.
A súa investigación céntrase no Procesamento da Linguaxe Natural (PLN), unha tecnoloxía cada vez máis presente no día a día, con especial enfoque na análise sintáctica, que é clave para calquera sistema que necesite extraer significado de textos en linguaxe humana. En particular, como dixemos, enfócase na consecución de métodos eficientes e multilingües.
A súa produción científica abrangue máis de 140 publicacións, tanto nos principais congresos e revistas de PLN e Intelixencia Artificial (IA) como traballos multidisciplinares en revistas de física, ciencia cognitiva ou matemáticas. Entre outras contribucións, presentou un paradigma de análise sintáctico totalmente novo baseado en etiquetaxe secuencial, que permite obter analizadores sintácticos con velocidades sen precedentes, e lidera o único laboratorio europeo que conseguiu superar os récords en precisión da análise sintáctica desde a popularización das arquitecturas de aprendizaxe profunda.
Foi investigador principal do proxecto FASTPARSE (Fast Natural Language Parsing for Large-Scale NLP), financiado con 1.481.747 euros polo Consello Europeo de Investigación (ERC) na súa convocatoria de Starting Grants. Actualmente é tamén investigador principal doutro proxecto europeo da convocatoria ERC Proof-of-Concept Grant, ademais de supervisar a unha investigadora postdoutoral Marie Curie. Así mesmo dirixe e dirixiu diversos proxectos nacionais e autonómicos e catro teses doutorais, con outras dúas en curso. A nivel institucional, desde 2018 coordina a área Innova Humanitas do Campus Innova da UDC, que busca especializar á institución en humanidades dixitais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?