A Cámara de Comercio de Santiago organiza este mes de outubro un novo obradoiro tecnolóxico para achandar o camiño da transformación das nosas empresas e persoas autónomas: o taller Estratexias en redes sociais en 2022-2023. Os tempos cambian. Celebrarase entre o 17 de outubro e o 21 do mesmo mes, en horario de 10.00 a 13.00 horas, na sede da entidade cameral no Polígono de Costa Vella (no 40 da rúa República Checa en Santiago). Será impartido por Javi Rocamora.
“Os avances tecnolóxicos están a poñer nas nosas mans ferramentas moi útiles para desenvolver o traballo na empresa, si sabemos como sacarlles proveito”, explican fontes da entidade a conto dos porqués do obradoiro, que porá o foco nas redes sociais, “estruturas que nos permiten relacionarnos e interactuar en tempo real con persoas e organizacións para compartir intereses, experiencias ou iniciativas”. No taller clarificarase o uso das redes sociais, contribuíndo a que evitemos mesturar contidos persoais e privados con cuestións meramente profesionais, “actitudes que as veces poden traer como consecuencia a ruptura de relacións ou perdas de clientela”.
O taller será impartido por Javier Rocamora, un dos grandes expertos actuais en nova comunicación e transformación empresarial.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2021-2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.
A Cámara de Santiago organiza un obradoiro sobre novas estratexias en redes sociais
Compartir Este Artigo

