O vindeiro 17 de outubro, en horario de 10 a 12 horas, AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), ao abeiro do programa transformador AGAPI Impulsa Copros, vai organizar un webinario sobre como tirar proveito da información a gran escala para un mellor rendemento empresarial, profesional e de mercado. Trátase do seminario en liña Métricas de datos, interpretación e resultados. Será impartido por Irene Villa.
Esta actividade conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Andrea Villa será como dixemos a encargada de impartir esta formación. Andrea é licenciada en Xornalismo, mestrada en Xestión de Industrias Culturais, produtora e xestora de redes sociais. Ten unha dilatada experiencia profesional en equipos de comunicación de eventos e proxectos de diversa índole como a Academia Galega do Audiovisual, a produtora Portocabo, o Festival de Cans, Novos Cinemas, (S8) a Mostra de Cinema Periférico, o certame Curtocircuítoe o Festival de Cine Internacional de Ourense. Responsable de redes sociais do festival Carballo Interplay, no LAIC (Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación) do programa Coruña Dixital ou como produtora transmedia e deseño de RRSS da serie dixital Antes de perder (Cósmica Producións e Playz, RTVE).
A formación impartirase vía online a través da plataforma zoom e será de balde ate completar aforo. As persoas interesadas deberán enviar un correo a agapimpulsa@agapi.gal antes do 14 outubro indicando nome, apelidos e enderezo electrónico.
Este é o segundo dunha serie de webinars de AGAPI que están destinados a promover e mellorar competencias dixitais co fin de complementar o traballo de asesoramento en aspecto innovadores e “con especial interese no coñecemento de novas audiencias”, en palabras da asociación.
AGAPI organiza en outubro un webinario sobre métrica e análise de datos
Compartir Este Artigo

