Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 52.000 familias de 11 concellos da Mariña accederon á fibra óptica desde 2018 grazas a Adamo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 52.000 familias de 11 concellos da Mariña accederon á fibra óptica desde 2018 grazas a Adamo

S. P.
Publicado: 10/10/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

adamo_vieiro_tecnicos_despregadura.jpgA operadora Adamo achegou un novo balance sobre os traballos que desprega en Lugo para dotar aos concellos de fibra óptica e Internet de alta velocidade, desta volta poñendo o foco na comarca da Mariña. Segundo fai saber a compañía, ata 52.000 familias residentes nos municipios da franxa litoral da provincia pasaron a ter fibra óptica no últimos cinco anos. En concreto, o cableado produciuse en vivendas situadas en 11 concellos da zona entre setembro de 2018 e a actualidade.
De maneira desagregada, Viveiro (preto de 12.000 fogares conectados por Adamo), Foz (case 11.000), Ribadeo, (ao redor de 7.500), Burela (6.500), Barreiros (5.000), Xove (2.500), Mondoñedo (2.300), Cervo (2.000), Lourenzá (1.400), O Valadouro (1.250) e Alfoz, que se asoma ás 1.000 vivendas que contan hoxe con Internet ultrarrápida.
Adamo complementa esta información lembrando que a infraestrutura que proporciona a compañía nos concellos de Lugo é “a máis rápida dispoñible na actualidade no mercado, de 1.000 Mbps”, o que representa, engade a compañía, un importante aliciente para que familias e empresas se asenten nos concellos do rural e evitar o despoboamento, un dos grandes desafíos sociais, demográficos e económicos da nosa terra. “Grazas á fibra óptica, engade Adamo, “52.000 familias poden realizar con plenas garantías actividades que son agora en grao sumo habitual: teletraballo, educación en liña, compras por Internet, citas médicas telemáticas, videoxogos, series e películas en remoto, etc”.
En total, a compañía levou Internet de alta velocidade a máis de 70.000 vivendas de 35 concellos lucenses no citado período. Para sufragar os traballos, investiu 20 millóns de euros na provincia (fronte aos 5,8 millóns que recibiu en subvencións para expandir a fibra óptica), así como fixo posible a contratación de 300 traballadores locais nos seguintes ámbitos: enxeñería, despregadura, mantemento e comercialización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?