Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a xuntanza de desenvolvedores Ghrelo Jam, que repartirá 1.500 euros en premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a xuntanza de desenvolvedores Ghrelo Jam, que repartirá 1.500 euros en premios

S. P.
Publicado: 10/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ghrelo_jam_cartaz.jpgAGPI, a Asociación Videoxogo.gal e a UDC van organizar este mes, entre este luns 10 de outubro e o día 23, un encontro de desenvolvedores dirixido a fomentar a creación colectiva e participativa de xogos nun período curto de tempo. Trátase da Ghrelo Jam, certame no que se van repartir ata 1.5000 euros en premios. Poderán participar desenvolvedores individualmente ou por equipos.
En palabras do equipo organizador, o evento Ghrelo Jam busca reunir á comunidade creativa galega “para facer un bo caldo de videoxogos facendo equipo con outros artistas visuais, programadores, músicos, produtores, deseñadores, ou estrategas do marketing”. Para sacar o mellor de cadanseus talentos e capacidades terán unha semana enteira para facer os xogos programados, “co obxectivo de que sexa unha jam pouco agresiva, breve e non faga tirarse dos ghrelos”, explican, engadindo que “a ilustración de Xosé Geada recolle á perfección a esencia enxebre do evento”.
Haberá dous premios: ao mellor xogo (750 euros) e á mellor arte (750 euros).
Exercerá de mestre de cerimonias Kunda da Silva, que fará a presentación, os directos probando os xogos participantes e a clausura, dende a canle de Twitch de @DeVuegoGAL.
Kunda da Silva, orixinario de A Coruña, é actor de voz, especializado en videoxogos en @DeVuego, portal de actualidade do sector. Estreouse co xogo galego Super Wooden GP e prestou á súa voz a títulos coma Minabo, Inframundo ou Oxide Room: 104.
Axenda Ghrelo Jam en liña
10 outubro – Presentación do evento e do tema.
16-22 outubro – Streaming dos xogos. Kunda da Silva proba os xogos dende a canle de Twitch de DeVuegoGAL
23 de outubro ás 18:00 – Anuncio dos xogos gañadores. Twitch DeVuegoGAL
Xurado
– Miguel Areán. Con máis de 25 anos de experiencia no sector TIC, é vogal de videoxogo.gal e DEV (Asoc. Española de Empresas Productoras y Desarrolladoras de Videojuegos). Socio fundador de Polygon-e estudio.
– Antonio Seoane. Coordinador académico e profesor de deseño do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Universidade da Coruña. Máis de 10 anos de experiencia en animación 3D e efectos especiais, deseño de proxectos de Realidade Virtual e simulación.
– Jorge Peral. É un ilustrador e artista 2D da Coruña e concept artist en Abylight Studios. Máis de 11 anos traballando no eido da ilustración e seis adicado ó sector do videoxogo, publicando xogos como Drawn to Life: Two Realms, Uniwar ou SuperMash.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?