Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Oficina de Voluntariado de Ames programa esta finde dous obradoiros de robótica e reciclaxe informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Oficina de Voluntariado de Ames programa esta finde dous obradoiros de robótica e reciclaxe informática

S. P.
Publicado: 11/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_robotica_obradoiro_posta_a_punto_reciclaxe_e_instalacion.jpgO antigo centro de saúde do Milladoiro vai acoller esta fin de semana dúas propostas formativas, divulgativas, participativas e tecnolóxicas, organizadas pola Oficina de Voluntariado e a Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames. Trátase de dous obradoiros, un sobre robótica e ouro sobre reciclaxe, que se celebrarán de xeito simultáneo, a partir das 11:00 horas do sábado 15.
Por unha banda, organízase un obradoiro de robótica en colaboración con R, das 11:00 ás 13:00 horas e dirixido a nenas e nenos dos 7 aos 12 anos, no que se fomentarán os conceptos STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) para aprender xogando. Deste xeito, no taller a rapazada poderá crear prototipos tecnolóxicos usando placas BBC Microbit, pezas electrónicas e materiais reciclados para formar estruturas. As inscricións para esta actividade, de balde, poden realizarse en liña.
Ademais, a Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames continúa cos seus obradoiros do segundo semestre do ano, co obxectivo de minorar o lixo electrónico, aumentar a vida útil destes aparellos e reducir o seu consumo. Desta volta, realizarase un taller de posta a punto, reciclaxe e instalación de computadores, que volve tras a boa acollida que tivo esta mesma proposta en setembro. Para participar na actividade, das 11:00 ás 13:30 horas, pódese confirmar a asistencia de balde premendo na ligazón habilitada.
A Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames é un proxecto duplo posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL). Entre os seus obxectivos están reducir a fenda dixital para os colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico no municipio.
A Oficina divulgará sobre novas tecnoloxías, resolvendo dúbidas e dando cursos de formación e actividades de alfabetización dixital, mentres que no Banco de Reciclaxe recolleranse equipos electrónicos doados por persoas ou institucións que xa non os usan, para que poidan seguir sendo empregados por persoas con menos recursos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?