Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto turístico da Deputación de Ourense, finalista nos enerTIC Awards
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto turístico da Deputación de Ourense, finalista nos enerTIC Awards

S. P.
Publicado: 11/10/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_ourense_manuel_baltar_presenta_o_proxecto_en_fitur_2019.jpgO proxecto Hay un Ourense para ti. Descúbrelo da Deputación de Ourense é finalista na categoría de territorios intelixentes e turismo nos premios enerTIC Awards 2022, galardóns dirixidos a recoñecer e visualizar proxectos de innovación enerxética a través da dixitalización. Trala avaliación e a votación por parte do comité de expertos das candidaturas presentadas, o proxecto promovido polo Goberno provincial resultou finalista nesta décima edición dos premios.
O proxecto desenvólvese xunto a Red.es e abrangue unha plataforma smart e aplicacións para móbiles, ademais dun portal web de información turística; un planificador de rutas baseadas nos gustos dos usuarios; sistemas de Realidade Virtual e de Realidade Aumentada, e experiencias inmersivas 360º con fotografías e vídeo.
“Este sistema para experiencias turísticas permite aos visitantes acceder aos recursos turísticos da provincia de Ourense con tecnoloxía vangardista aplicada ao ocio, cultura, termalismo, natureza e gastronomía”, destacou Manuel Baltar na presentación dunha iniciativa enmarcada na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de Red.es, na que se seleccionaron 24 iniciativas de 9 comunidades autónomas.
A elección dos gañadores realizarase nos vindeiros días, e entre o 10 outubro e o 18 de novembro é o período para as votacións en liña. Os gañadores desvelaranse na cerimonia de entrega dos premios, prevista para o mes de decembro na Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial.
Os premios enerTIC Awards 2022 distinguen dende 2013 aos proxectos tecnolóxicos máis innovadores desenvolvidos por empresas e organizacións públicas comprometidas coa eficiencia enerxética e a sustentabilidade. Nacen da plataforma enerTIC.org, que ten como obxectivo “contribuír ao desenvolvemento do potencial de transformación das TIC no ámbito da eficiencia enerxética en España co apoio de 85 empresas asociadas e institucións públicas, en favor dunha economía máis competitiva e sustentable”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?