Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela acollerá o encontro internacional de xestores de Erasmus Emprendedores en Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela acollerá o encontro internacional de xestores de Erasmus Emprendedores en Europa

S. P.
Publicado: 13/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

30th_eye_network_meeting.jpgA Cámara de Comercio de Santiago e Uninova (Concello de Santiago e USC) prepararon durante o mes de setembro unha candidatura para acoller en marzo de 2023 un encontro internacional de xestores do programa Erasmus Emprendedores en Europa. Neste encontro participarán técnicos de cámaras de comercio, centros de investigación, consultoras, universidades, centros de innovación, hubs empresariais, consultoras, pemes e emprendedores, entre outros. Todos, indican dende a Cámara, co nexo común de ser xestores do programa Erasmus Emprendedores en 38 países. Amais, tamén participarán técnicos e responsables políticos da Comisión Europea e a Axencia Europea de Pemes, entidades das cales depende o devandito programa.
Tanto a Cámara de Comercio de Santiago, como Uninova son intermediarios do programa a nivel nacional e foron quen promoveron, xunto co Concello de Santiago, que a cidade de Compostela fose o escenario deste Encontro Internacional, ademais de para ser os organizadores do mesmo.
Presentáronse sete ofertas de sete cidades distintas para acoller o encontro. Finalmente o comité de pilotaxe do programa tivo en conta a mellor oferta (a oferta compostelá) en base ás seguintes características: dispoñibilidade de datas e o orzamento presentado, idoneidade dos espazos propostos, existencia de elementos innovadores como a axenda e o ecosistema empresarial da contorna e calidade xeral de toda a proposta no seu conxunto (que inclúe todos os elementos solicitados pola Axencia Europea para Pemes e Consello Europeo da Innovación).
Despois de ser analizadas as sete propostas este 12 de outubro foi seleccionada polo comité a proposta coordinada e presentada pola Cámara de Comercio de Santiago conxuntamente con Uninova e o Concello de Santiago.
A Cámara de Santiago participa no programa desde o ano 2016 e neste período xestionou máis de 150 intercambios. No consorcio que lidera a Cámara participan outras entidades análogas como a Cámara nacional de Ucraína, a da Martinica ou o parque tecnolóxico da Universidade de Ankara entre outras entidades de 9 países (España, Portugal, Italia, Francia, Irlanda, Chipre, Albania, Ucraína e Turquía) Ambas as entidades recibiron xa a comunicación de que os seus consorcios seguirán traballando no programa ata o ano 2027.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?