Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación Milennium Pŕoxima da Coruña acadou as 7.000 descargas en cinco días de operatividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación Milennium Pŕoxima da Coruña acadou as 7.000 descargas en cinco días de operatividade

S. P.
Publicado: 17/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

milennium_proxima_aplicacion.jpgA aplicación móbil Millennium Próxima do Concello da Coruña comezou a súa andaina con case 7.000 usuarios e usuarias dadas de alta a cinco días da súa presentación e posta en marcha oficial, celebrada o pasado 6 de outubro. Segundo destacaron fontes do Goberno local, este sistema para pagar o billete do bus urbano desde o teléfono rexistrou “unha grande aceptación por parte da cidadanía” nos seus primeiros días de uso.
O obxectivo da ferramenta é “facer a vida máis sinxela á cidadanía a través da tecnoloxía que temos dispoñible”, sinalou José Manuel Lage, voceiro do Goberno de Inés Rey e concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior.
Nos primeiros cinco días de implantación non se rexistraron incidencias de relevancia no servizo, que funciona empregando a tecnoloxía NFC dos dispositivos móbiles, aproveitando os lectores dos autobuses.
O obxectivo deste sistema é que substitúa de maneira progresiva ás tarxetas en formato físico, que, con todo, seguirán en activo como ata agora para quen prefira ese método de pago.
A nova aplicación é doada e, en palabras do Concello, “doada de empregar”. Asi, calquera usuario pode descargala a través da Play Store e darse de alta na tarifa xeral sen facer ningún trámite. De feito, só os perfís con bonificacións especiais deberán acudir á estación de autobuses, sen concertar cita previa, para darse de alta neses perfís.
O Concello informou que está a reforzar a información sobre o novo servizo a través das oficinas dos rexistros, do 010 e na propia estación, e tamén está en marcha unha campaña divulgativa con códigos QR para que calquera poida descargar o programa do xeito máis sinxelo.
Unha vez realizada a descarga, as persoas usuarias teñen que vincular a Millennium Próxima cunha tarxeta bancaria para poder facer as recargas. A recarga mínima será de 5 euros fronte aos 10 euros actuais, e, partir de aí, non será preciso acudir a ningún caixeiro para facelo, xa que a recarga faise desde o propio teléfono cando o usuario o precise e con tarxetas de calquera entidade bancaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?