Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo achegará a súa rede de fibra óptica a 33.000 familias luguesas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo achegará a súa rede de fibra óptica a 33.000 familias luguesas

Redacción
Publicado: 17/10/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

adamo_despregamento.jpgPreto de 33.000 familias que residen en zonas illadas e dispersas da provincia de Lugo terán, por fin, acceso á Internet de alta velocidade grazas á segunda convocatoria do Programa ÚNICO-Banda Larga, financiado polo fondo Next Generation EU e dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital vén de dar conta do seu resultado provisorio.
O operador Adamo, principal adxudicatario a escala nacional das subvencións comunitarias para estender fibra en áreas rurais (312.000 vivendas en 17 provincias), será a empresa que levará a cabo o cableado na provincia de Lugo. Para iso, recibirá 12,3 millóns de euros, cantidade que completará con outros 5,2 millóns de capital privado ata alcandar os 17,5 de orzamento total. O prazo para a instalación comezará unha vez que a resolución sexa firme e finalizará o 31 de decembro de 2024.
Os traballos de Adamo marcarán un antes e un despois na vida desas 33.000 familias luguesas, debido a que pasarán a realizar con garantías, cunha conexión á Internet de calidade, actividades que hoxe podemos considerar habituais: teletraballo, educación en liña, compras pola Internet, citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras. Iso sitúa á fibra óptica como un elemento fundamental para fixar habitantes no territorio, como unha ferramenta imprescindible na loita contra o fenómeno do despoboamento, un mal que afecta a numerosas vilas luguesas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?