Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MeteoGalicia supera os 125 mil seareiros en Twitter
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MeteoGalicia supera os 125 mil seareiros en Twitter

Redacción
Publicado: 17/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

meteogalicia_ffgn1odx0aad9xb.jpgMeteoGalicia acaba de chegar aos 125.000 seguidores no seu perfil de Twitter, unha cifra que consolida a súa posición como a segunda conta oficial da Xunta con maior popularidade nesta rede, tan só por detrás da do propio Goberno galego.
Cómpre lembrar que o organismo meteorolóxico ten presencia en Twitter desde abril de 2011 aínda que foi nos últimos anos cando experimentou unha maior progresión da súa comunidade. Así, en outubro de 2017 acadou a cifra de 100.000 seguidores e esta semana, xusto cando se cumpre 5 anos daquel fito, logrou chegar ata os 125.000.
A evolución da comunidade virtual de MeteoGalicia en Twitter é un reflexo do bo traballo de divulgación desenvolvido desde este perfil (coa publicación ata o momento de máis de 10.000 chíos) e da aposta que se fixo no seu día polas redes sociais como canle de comunicación imprescindible para poder conectar de forma áxil e directa coa cidadanía, especialmente coa mocidade.
En canto ao resto de redes sociais, cómpre subliñar que MeteoGalicia está presente tamén en Facebook, onde nestes momentos suma algo máis de 20.000 seguidores e ofrece información meteorolóxica de carácter divulgativo así como sobre as diferentes actividades didácticas e as investigacións e traballos que promove ou nos que participa.
Ademais, a páxina web da axencia autonómica é unha das más visitadas de Galicia, cun tráfico diario de 55.000 visitas, e dispón dunha aplicación para móbiles que leva máis de 100.000 descargas, cifras que confirman que se tratan de recursos moi utilizados e populares entre os galegos para informarse sobre a predición meteorolóxica nas súas vilas e cidades.
Deste xeito, MeteoGalicia segue consolidando a súa posición de referencia no eido das redes sociais e do aproveitamento da tecnoloxía para achegar a información meteorolóxica á cidadanía e afianzar a súa función de servizo público. Un esforzo que contribúe á vez a proxectar o seu traballo a nivel nacional e europeo, onde xa está considerada unha das axencias máis importantes e punteiras dentro do seu campo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?