Levamos un tempo con rumores sobre as posibles medidas de Netflix contra o uso de contas de usuario compartidas entre xente que non pertence ao mesmo núcleo familiar, ou sexa, que contratan conxuntamente Netflix para conseguir uns prezos máis económicos, pero cometendo unha clara fraude. E un signo de que esta tendencia pode ir a menos á forza é que Netflix vén de anunciar unha función de migración de perfís de usuario, ou sexa, para que algún dos usuarios que comparte conta poida deixar o grupo e levar consigo os seus datos (recomendacións personalizadas, historial de reproducións, listaxe de favoritos…) a unha nova conta de usuario.
A nova funcionalidade está a espallarse globalmente, de xeito que nos vindeiros días os usuarios recibirán un correo electrónico informando desta novidades, tras o que será posible acceder a unha nova opción chamada Transferir perfil, que pode utilizarse en calquera momento ou incluso desactivarse na configuración da conta.
Netflix estrea un sistema para transferir perfís de usuario a novas contas
Compartir Este Artigo
