A Deputación de Pontevedra, a través do programa de formación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana cinco novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial. As accións tratarán temas como a ciberseguridade, a creación de blogs, a iniciación á visualización en buscadores (SEO), a monitoraxe de redes sociais (Social Media Listening) e a programación con Arduino.
Este luns 17 de outubro, Manuel Freire, experto universitario en Robótica, programación e impresión 3D, impartirá o obradoiro Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro. Este curso ten como obxectivo facer ver ao usuario a importancia de ter un contrasinal ben definido e distinto para cada servizo.
O martes 18, na quenda da mañá ás 11 h Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela, será quen conduza o taller Como crear o teu blog turístico. Esta acción pretende amosar esta ferramenta de capitación de clientes, os seus beneficios e dar ideas de sobre que escribir.
Na quenda da tarde, a partir das 18h en Zoom, desenvolverase a acción formativa Iniciación ao SEO I: Conceptos, palabras clave e primeiros pasos, neste primeiro taller as e os participantes achegaranse aos conceptos básicos que o compoñen e verán o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores. O titor deste obradoiro será Adrián Fernández, comunicador con ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando a empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e a mercadotecnia dixital.
A xornada do mércores 19 de outubro estará guiada por José Luis Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia, con Social Media Listening, descobre que di de ti nas redes sociais, unha ferramenta que permite crear contido e compromiso coa túa marca, aspectos clave da mesma e casos de éxito.
O derradeiro dos obradoiros desta semana será o xoves 20 ás 11 h, con Programación con Arduino I. Teorico II. O obxectivo é achegar ás persoas asistentes soltura cunha das linguaxes de programación máis populares actualmente. Consistirá nunha formación mixta, que combinará 3 talleres teóricos en liña de dúas horas de duración cada un e 1 taller práctico presencial de catro horas. Este curso será impartido, tamén, polo experto Manuel Freire.
SmartPEME móstranos como tirar proveito empresarial de blogs, buscadores e redes sociais
Compartir Este Artigo

