Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Ribeira Sacra acolle un bar-tenda automatizado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Ribeira Sacra acolle un bar-tenda automatizado

S. P.
Publicado: 24/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

alcalde-de-panton-con-gestores.jpgA Ribeira Sacra (O Carballo, Pantón) acolleu este venres 21 a presentación dun bar-tenda automatizado. Trátase de La Moderna, un establecemento que xorde dunha fonda transformación tecnolóxica do concepto de tenda rural (pero sen deixar o formato desprovisto da súa esencia orixinal) e que irrompe en Galicia co obxectivo primordial de “satisfacer as necesidades da poboación das aldeas e vilas pequenas e os seus visitantes, que quedaron descubertas por falta de continuidade xeracional”.
La Moderna, engaden os seus creadores, unifica o vello concepto de tenda de ultramarinos e adáptao ao século XXI utilizando as novos tecnoloxías de control e automatización, dando como resultado “un paso máis cara a un mundo rural 4.0”.
Este venres 21 acompañouse a presentación dunha demostración arredor do funcionamento do sistema de control e automatización. A cita foi no Ecolagar O Barqueiro, á beira do encoro dos Peares, complexo turístico rural que habilitou un local social utilizando a tecnoloxía de La Moderna.
O director de mercadotecnia de Ecolagar O Barqueiro, Chris Miller, explicou previamente que a orixe deste proxecto cómpre rastrexala cando os seus promotores caeron na conta “de que no ámbito rural foron pechando este tipo de establecementos”, ultramarinos tradicionais de produtos e servizos variados, diversos, que eran “como o centro das aldeas ou parroquias”. Para reinterpretar ese concepto clásico dos ultramarinos, “o que se fixo foi utilizar novas tecnoloxías, o que nos permitiu adaptar este tipo de establecemento ao século XXI”, engadiu Miller.
No acto participaron Jose Antonio Losas, representante de La Moderna, Luis Ángel Martín, xestor do Ecolagar O Barqueiro e José Luis Álvarez, alcalde de Pantón.
312269414_483029767182773_5336877756908402375_n.jpgNo transcurso da cita desenvolveuse unha demostración do funcionamento do sistema de automatización realizada por Martín; “Este sistema permítenos ofrecer aos nosos hóspedes servizos de alimentación que doutra forma seríanos imposible. Ademais, ao ser aberto aos veciños, permítenos dinamizar a contorna achegando un centro de socialización que antes non había.
José Antonio Losas engadiu que “a tecnoloxía de La Moderna está pensada para que calquera persoa, con independencia da súa idade, poida utilizala sen ningún problema. Desta maneira eliminamos a barreira tecnolóxica que ás veces impide o seu uso a persoas de maior idade.
Tamén participou José Luis Álvarez, rexedor de Pantón, que se animou a usar o novo equipamento: “É tan fácil de usar que valería para os centros sociais do concello, posto que por falta de persoal non dispomos dese servizo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?