O Concello de Santiago vén de achegar detalles sobre a vindeira edición de Talentia Summit, o congreso de emprego e emprendemento que se celebra en Composta e que xa ten convertido á capital galega no gran referente estatal en materia de talento, innovación e transformación. A nova convocatoria realizarase entre o 9 e 18 de novembro do 2022. Contará cun formato híbrido e terá o obxectivo de “afianzar a recuperación económica sobre alicerces de crecemento sólidos e con perspectivas de futuro”. Na web do evento poderemos ver máis datos da nova edición ao longo dos vindeiros días.
Durante os dez días de actividade de Talentia, edición 2022, achegarase un amplo programa de actividades dirixidas á potenciación do talento, “dando visibilidade ás organizacións e empresas máis comprometidas co desenvolvemento, a promoción e a retención destas capacidades”. Doutra banda, os/as participantes poderán presentarse as empresas, acreditarse mediante certificacións de competencias dixitais ou idiomas, e asistir a conferencias, obradoiros ou exposicións sobre a transformación dixital e outras moitas actividades para mellorar a súa capacidade de acadar un emprego.
Talentia Summit 2022 virá con formato híbrido e con dez días de actividade
Compartir Este Artigo

