Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae e Juan Naya achegan en novembro a terceira edición do seu Curso DAX Avanzado para Power BI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae e Juan Naya achegan en novembro a terceira edición do seu Curso DAX Avanzado para Power BI

S. P.
Publicado: 25/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

analitica_de_datos_traballando_computadores_oficina.jpgTanto no eido da programación máis avanzada como nas contornas tecnolóxicas máis xenéricas, a linguaxe DAX (Data Analysis Expressions) está especialmente presente. Trátase dunha escolma de códigos, funcións, constantes e expresións de fórmulas que se emprega en Analysis Services, Power BI e Power Pivot en Excel e que axuda a crear información nova de datos nun modelo previo. Botar luz sobre esta linguaxe e permitirnos manexala con soltura é o gran obxectivo do Curso DAX Avanzado para Power BI, que chega á súa terceira edición os vindeiros días, en formato de aula virtual: os días 14, 15, 16, 17, 21, 22, 23 e 24 de novembro. Será impartido polo experto en datos e xestión Juan Naya.
Serán vinte horas de formación sobre unha linguaxe que permite ir máis alá dunha simple xestión para meternos de cheo no eido da análise intelixente da información.
No curso porase o foco a maiores en Power BI, a ferramenta interactiva de visualización de datos desenvolvida por Microsoft para o ámbito da intelixencia empresarial.
Nun plano máis específico esta actividade formativa pon o foco en axudarnos a entender o alcance da devandita linguaxe, amais de dominala, xa que, como ben teñen sinalado os dous grandes gurús desta metodoloxía de traballo, Marco Russo e Alberto Ferrari, “DAX é simple pero non sinxelo”.
A consultora galega Vitae explica que non se trata dunha actividade formativa de Power BI en xeral, “se ben todo o curso realizarase en Power BI e se ben comentaremos aspectos do seu ecosistema, gran parte do contido podería aproveitarse en Excel, dende Power Pivot”. Amais, engade, tampouco se trata dun curso centrado exclusivamente en Power Query nin tampouco é un obradoiro monotemático sobre integración de datos, pero iso si, “cumprirá conectar os datos do exemplo e comentar as diferencias de realizar operacións dende ETL ou dende DAX”, apuntan dende Vitae. Ademais, o curso irá máis alá de formarnos en modelado de datos (aínda que en algún intre será preciso entendelo e comprobar as relacións e opcións que se poden propor) e das visualizacións e a creación de dashboards (malia que dalgún xeito haberá que ir comprobando o que se vai realizando).
En definitiva, trátase dunha actividade formativa na que se mostrará como crear medidas ou métricas que sexan de utilidade para responder ás preguntas de negocio que poidan ir xurdindo.
Estes son os obxectivos do curso, punto por punto:
-Entender a linguaxe DAX.
-Utilizar as principais funcións e coñecer os seus posibles usos.
-Crear medidas con boas prácticas.
-Comprender o contexto e ser capaces de modificalo.
-Amosar programas auxiliares que axuden a facilitar as tarefas ou dean novas alternativas.
-Aplicar diferentes técnicas para situacións diversas que se poden propoñer nun dashboard.
O curso será impartido por Juan Naya, enxeñeiro industrial e profesional con máis de 10 anos de experiencia en postos de responsabilidade dentro das áreas de produción, planificación e loxística. Trátase dun experto en materia de datos e xestión. Na actualidade ofrece solucións profesionais a medida e formacións de alto valor engadido das principais ferramentas de análise da información de Microsoft, como Excel e Power BI. Entre as empresas e entidades que asesorou ou formou atópanse Inditex, o Grupo Profand, a Autoridade Portuaria de Avilés, o Grupo Pérez Rumbao, Inturasa, Galuresa, EimSkip, Altrans, Televés, CivisGlobal, Todos Gómez ou Grupo Babé Logística. Está certificado por Microsoft como Microsoft Excel Expert e Data Analyst Associate.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?