Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés facilítanos cunha guía o acceso ás axudas de dixitalización rural do Plan ÚNICO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés facilítanos cunha guía o acceso ás axudas de dixitalización rural do Plan ÚNICO

S. P.
Publicado: 26/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

televes_plan_unico.jpgA empresa compostelá Televés elaborou unha guía para a xestión das axudas estatais do Plan ÚNICO, destinado a dar un impulso decisivo á banda larga no rural. Segundo fai saber a compañía, trátase “dunha guía definitiva” que serve de axuda a todos os axentes interesados en acceder a estes apoios na súa xestión e presentación de propostas. O Plan ÚNICO é, en palabras de Televés, unha iniciativa que pon o foco en conectar a España baleirada á Internet ultrarrápida, superior a 100 Mbps, cunha previsión de chegar a 1.265.967 fogares e empresas situadas en 4.516 municipios de toda España, completando así a transformación dixital do país.
O plan, engade a empresa de Santiago, ten a súa orixe na situación actual de España en materia de conectividade, que “non conta cunha rede de banda larga uniforme ao longo do seu territorio, existindo numerosas zonas nas que este servizo ou non chega nas mellores condicións ou, directamente, non existe”. O Goberno quixo saír ao paso desta realidade co dito plan, que busca converterse no principal vector de vertebración territorial e cohesión social.
Enfocado á Axenda Dixital 2025 do Plan de Recuperación e dotado con 250 millóns de euros, englobará outras convocatorias e solucións coas que se completará a universalización do acceso á banda larga ultra rápida en todo o territorio.
A segunda convocatoria do programa ÚNICO lanzada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital estará aberta ata o 31 de decembro de 2023, para fogares ou empresas situadas en zonas illadas ou remotas, fomentando a despregadura das infraestruturas de comunicación necesarias para prestar servizos aos seus usuarios, de polo menos 300 Mbps e con posibilidade de evolucionar a 1 Gbps simétricos.
“En Televés somos conscientes de que tanto a linguaxe como os pasos a dar neste tipo de procedementos poden ser arduos, sobre todo para aqueles particulares e empresas que non estean familiarizados con eles, por iso creamos a guía definitiva para axudar aos destinatarios potenciais a coñecer a repartición de fondos e liñas de actuación por Comunidade Autónoma, así como a presentar a solicitude de axudas”, engade a empresa de Santiago.
Nesta completa guía atoparemos os seguintes contidos:
● Repartición de fondos: Criterios e contías por Comunidades Autónomas
● Liñas de actuación
● Requisitos para renovacións de radiotelevisión e banda larga ultrarrápida
● Gastos subvencionables e intensidade das axudas
● Traballos vencellados ao titulado competente e empresa instaladora
● Prazos de solicitude de axudas segundo o RD de lei 36/2020 do 30 de decembro
● Todos os documentos necesarios para solicitar a subvención

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?