Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigación da UVigo demostra os beneficios das ferramentas virtuais persoais para os nenos con TEA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigación da UVigo demostra os beneficios das ferramentas virtuais persoais para os nenos con TEA

S. P.
Publicado: 28/10/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_tea_virtual_tese3.jpgA Universidade de Vigo presentou os detalles dunha investigación centrada nas posibilidades das novas ferramentas nas persoas con TEA, a través da cal demostrouse o potencial dos recursos virtuais para mellorar a interacción social en nenos e nenas con Trastorno de Espectro Autista, que, segundo se fai saber no traballo, teñen “unha notable disposición e preferencia polo uso de dispositivos tecnolóxicos”. Porén, esta disposición non se manifesta sempre igual senón con diferencias moi marcadas. “Polo tanto”, dise na investigación, “aínda que as TIC supoñen unha oportunidade para o desenvolvemento de soportes terapéuticos, as solucións xeneralizadas non son efectivas e resulta preciso deseñar soportes personalizados”.
Consciente desta eiva, o investigador Luis Fernando Guerrero decidiu centrar a súa tese de doutoramento en amosar as vantaxes da xeración de soportes tecnolóxicos personalizados en función dos perfís dos usuarios, xa “que axudan a xerar un sentimento de autoidentificación e de pertenza cara ás ferramentas, mellorando consecuentemente a eficiencia da intervención terapéutica”.
A tese, dirixida polos profesores Martín López Nores e Jack Fernando Bravo, desenvolveuse no marco do Programa de Doutoramento Internacional en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, DocTIC, do centro de investigación AtlantTIC. O punto de partida foi o uso de trazos físicos, como sexo ou raza, e das características diagnósticas individuais de cada persoa con TEA para a personalización de interfaces de interacción baseadas en avatares. Ademais, Guerrero testou no contexto concreto da poboación de Ecuador a efectividade do uso destes avatares personalizados nas intervencións terapéuticas.

O investigador Luis Fernando Guerrero
O investigador Luis Fernando Guerrero
Como explica o investigador, “a primeira estratexia baséase na inserción de trazos étnicos propios dos grupos humanos do lugar onde viven os participantes na terapia, mentres que a segunda baséase no uso de características diagnósticas propias do trastorno como son os denominados intereses restrinxidos, consistentes en fixacións, preocupacións ou fascinacións por temas específicos, con intensidade ou concentración anormal e un apego permanente”.
Co obxectivo de probar estas estratexias, Guerrero deu forma a un conxunto de avatares con características dos principais grupos étnicos do Ecuador (mestizos, brancos e afroecuatorianos) e de ambos sexos. Ademais, procurou que os trazos antropomórficos coincidisen cos dun neno ou nena de entre 9 e 10 anos e engadiu a posibilidade de modificar a vestimenta e o escenario. A ferramenta foi desenvolvida dende cero, apunta o investigadores, e para facelo empregou como punto de partida “fotografías de nenos e nenas de diferentes grupos étnicos do país”.
Unha vez deseñada a ferramenta, o investigador realizou a avaliación en dúas etapas. Na primeira participaron 31 nenas e nenos neurotípicos sen ningún trastorno ou discapacidade que tiveron que elixir un avatar para manter unha interacción. “Os resultados”, salientou, “indican que os trazos étnicos non son un factor crítico á hora de elixir un avatar, pero o xénero “é fundamental e debe coincidir co do participante para garantir unha interacción adecuada”.
Na segunda etapa, o investigador traballou cun grupo de control composto por 16 nenas e nenos neurotípicos de arredor de 10 anos, outro grupo de control de nenos con TEA cunha media de 5 anos e cun grupo experimental formado por unha nena e seis nenos de idade promedio de 6 anos. Co grupo experimental “avaliáronse os intereses restrinxidos, concretamente a vestimenta e o escenario dos avatares”. Empregando observación directa por parte dos terapeutas e un sensor para a detección da dirección da mirada, determinouse que estes elementos “serven como motivadores para incentivar a interacción e enfocar a atención”. Ademais, o investigador tamén advertiu que mentres no grupo control “a atención diminuía conforme avanzaban as sesións terapéuticas”, no grupo experimental con avatares personalizados a atención mantíñase constante.
Para Luis Fernando Guerrero, estes resultados demostran que “a personalización baseada no xénero dos avatares e nos intereses restrinxidos permite incrementar a eficiencia dos recursos empregados na interacción social das persoas con TEA e poderían ser utilizados noutras solucións tecnolóxicas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?