AJE Galicia e AJE Ferrolterra, en colaboración coa Xunta (a través dun convenio co IGAPE), vai organizar este xoves 3 de novembro unha xornada sobre novos xeitos de xerar riqueza e emprego no mercado, baseados no coñecemento avanzado, o talento, a innovación e o uso das novas tecnoloxías. Estamos a falar do evento Crear, Innovar e Emprender. Será este xoves ás 19.30 horas no Teatro Jofre de Ferrol.
A través desta xornada poderemos coñecer de primeira man a experiencia de Emilio Froján (Caldas
de Reis, 1991), director executivo (CEO) de Velca, unha empresa de motos eléctricas que recentemente conseguiu clasificarse para a final para mellor startup do mundo nun evento celebrado en San Francisco (EEUU). Conta tamén con varias mencións na prestixiosa revista Forbes como 21 Change Makers ou Os 100 máis creativos no mundo dos negocios.
Tamén estará presente Carlota Corzo (A Coruña, 1994) que aos seus 28 anos foi escollida como unha das 30 persoas por baixo dos 30 anos que marcarán o futuro de España pola revista Forbes nunha lista na cal atópanse nomes como Rosalía ou Ibai. Carlota Corzo é a co-fundadora de Lazzaro, unha empresa creada para axudar a organizacións sen ánimo de lucro a crear plataformas web fiables que permitan traccionar as súas operacións mediante cadea de bloques (tecnoloxía de seguridade blockchain)
O evento completarano mozos da comarca de Ferrolterra presentando os seus proxectos como:
. Eva Cayetana Somolinos, fundadora de AcercArte, un novo concepto onde se xuntan a arte e a música de composición propia.
. María Deus, cofundadora de SlowBasic, unha firma de moda vegana.
. Daniel López, fundador do Camiño do Inglés, unha aposta pola cociña de calidade que non deixa de reinventarse.
. Alberto Hermida, de ADS Tecnologías, unha empresa de novas tecnoloxías que ademáis pon en práctica a xornada de 4 días semanais.
. Oscar Iglesias, de Serpes Gaming, demostrará que os eSports son moito mais que xogar á consola.
Os convites poden retirarse na taquilla do Jofre e en RedIfinita (en Canido) e só se poderán recoller dúas por persoa. O horario para a recollida é de martes a venres de 11 a 13h e de 18 a 20h.
O talento da nosa mocidade emprendedora, ao detalle este xoves en Ferrol
Compartir Este Artigo

