Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta impulsa máis de 40 actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta impulsa máis de 40 actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Redacción
Publicado: 02/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20221102_mescienciagalego1.jpgO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron esta mañá na convocatoria de prensa de presentación da programación de actividades do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas na rede pública da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, así como nas bibliotecas escolares. No acto, que tivo lugar na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, tamén participaron a subdirectora xeral de Bibliotecas e do Libro, Cristina Rubal, e José Tubío, profesor e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, e autor do manifesto deste ano titulado O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica.
20221102_mescienciagalego2.jpg Valentín García sinalou que “o mes de novembro é o momento en que chamamos a atención sobre os recursos con que contamos para divulgar ciencia en galego e achegar á cativada á ciencia nesta lingua, pero o uso destes materiais e a creación de actividades de temática científica no noso idioma pode e debe continuar todo o ano, nos centros educativos e nas casas”.
Pola súa parte, Anxo Lorenzo coincidiu na importancia desta iniciativa que axuda a “dar a coñecer e prestixiar a ciencia e as tecnoloxías” a través das actividades da rede de bibliotecas que, nas súas palabras, “son espazos de referencia para todos os públicos, sobre todo para o infantil e xuvenil”.

Laboratorios científicos durante un mes

Entre hoxe e o 30 de novembro, a Biblioteca de Galicia, así como as bibliotecas públicas Miguel Ángel Garcés da Coruña; de Lugo; Nós, de Ourense; Antonio Odriozola, de Pontevedra; Ánxel Casal, de Santiago, e Juan Compañel, de Vigo, acollerán ata 44 actividades de divulgación científica como obradoiros de robótica, sobre científicas galegas ou mesmo de experimentos; contacontos, charlas e mostras bibliográficas. A programación completa pode consultarse vía web.
Ao mesmo tempo, as bibliotecas escolares tamén se unen a esta celebración promovendo o desenvolvemento diversas iniciativas relacionadas coa ciencia. Nesta liña, o Portal Educativo mantén un espazo cunha selección de materiais sobre ciencia en galego, así como maletas viaxeiras que poden utilizar os centros de xeito temporal con temáticas arredor dos diferentes eidos científicos.
Desde a Consellería mantense, ademais, unha selección de libros de divulgación científica en galego como apoio ao alumnado nos seus traballos de investigación. A isto súmaselle o proxecto Biblioteca Creativa, enmarcado no Plan Lía (Lectura, Información, Aprendizaxe), a prol da introdución dun espazo de creación e experimentación na biblioteca escolar.
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) tecen sinerxías cos equipos de biblioteca e cos departamentos co fin de conseguir que o alumnado descubra, coñeza e divulgue a ciencia en galego. Deste xeito, ademais de realizar experimentos, xogos, investigacións, conferencias, debates ou proxectos relacionados coa temática, estes recóllense en vídeos, podcasts, titoriais, aplicacións, presentacións ou revistas dixitais que se difunden a través de internet e das redes sociais e que poden consultarse no Portal da Lingua Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?