Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Antonio Rial ofrece este xoves unha conferencia sobre os riscos dun uso sen control das TRIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Antonio Rial ofrece este xoves unha conferencia sobre os riscos dun uso sen control das TRIC

S. P.
Publicado: 02/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

antonio_rial__.jpg
A Sede de Afundación (Abanca Obra Social) en Pontevedra acolle este xoves 3 de novembro, ás 19.00 horas, a conferencia de Antonio Rial Boubeta, Eramos poucos e chegaron as TRIC. Claves para educar na era dixital. A cita, que tamén se poderá seguir a través de Afundación TV, servirá para afondar no noso coñecemento sobre os riscos dun uso intensivo e sen supervisión da Internet, as redes sociais, os videoxogos ou os xogos en liña, ao tempo que se nos subministran recursos que aplicar para acadar navegacións seguras, produtivas e enriquecedoras. Por certo que as TRIC son, para quen non o saiba, as Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación.
Evento solidario
Este evento enmárcase no programa Cultura por alimentos, promovido por Afundación e destinado a vincular a participación en actividades culturais coa solidariedade. Deste xeito, a Obra Social de Abanca, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, convidan a todas as persoas que asistan ao evento a que colaboren con esta campaña acudindo cunha doazón de alimentos non perecedoiros que serán recollidos no propio centro.
Un reto por conseguir
Segundo explica Afundación, “integrar a tecnoloxía no día a día da infancia e a adolescencia, dista moito de ser alcanzado, máis ben ao contrario, en ocasións, o uso das rebautizadas TRIC, implica unha seria peaxe a nivel emocional, de saúde e de convivencia”.
Tal e como veñen advertindo a OMS, a UNESCO ou UNICEF, un uso intensivo e sen supervisión da Internet, as redes sociais, os videoxogos ou o xogo en liña pode ter serias consecuencias a diferentes niveis, asociándose a maiores taxas de ansiedade e depresión, hábitos de vida menos saudables, máis acoso escolar e ciberacoso ou mesmo violencia filioparental. Afundación engade que “o uso da tecnoloxía non é inocuo na adolescencia, máis se cabe cando leva implícito novos patróns de interacción e novas formas de relacionarse, novos modelos aspiracionais e novas maneiras de entender a vida”.
Antonio Rial Boubeta
Nacido en Cangas do Morrazo en 1970, é doutor en Psicoloxía Social desde o ano 1998 e profesor titular da Universidade de Santiago desde 2003, director técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e experto en metodoloxía de investigación en ciencias sociais e da saúde, autor de máis de 140 artigos en revistas científicas de impacto internacional, director de 20 teses doutorais e responsable de numerosos proxectos de investigación do ámbito da adolescencia, desde o uso problemático da Internet, as redes sociais ou o ciberbullying, ao consumo de alcol e as novas adiccións. Amais, vén de dirixir un proxecto de investigación financiado polo Plan Nacional sobre Drogas para a detección e intervención precoz das adiccións con e sen substancia en pediatría e, paralelamente, o Estudo sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia, levado a cabo por UNICEF-España cunha mostra de máis de 50.000 estudantes de secundaria, que é, a día de hoxe, un dos traballos científicos de maior envergadura feitos en Europa sobre o tema. O pasado mes de abril foi galardoado coa Nécora de Ouro pola Fundación Galega contra ou Narcotráfico, polo seu labor e compromiso en favor da prevención das adiccións entre a mocidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?