Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae prepáranos para tirar o máximo proveito da plataforma Power de Microsoft
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae prepáranos para tirar o máximo proveito da plataforma Power de Microsoft

S. P.
Publicado: 03/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

power_automate_microsoft.jpgA consultora galega Vitae, especializada en facernos acadar a máis alta excelencia profesional en materia tecnolóxica e no desenvolvemento de proxectos avanzados e disruptivos, organiza esta tempada, en formato de aula virtual, o curso Microsoft Power Automate. Trátase dunha actividade formativa de 15 horas de duración, centrada nas posibilidades da dita plataforma Power, “unha plataforma de código baixo única que abrangue tanto a Office 265, Dynamics 365 e Azure como aplicacións de tipo independente”. Desenvolverase os días 15, 16, 17, 22, 23 e 24 de novembro.
“Ao longo deste curso”, explica Vitae, “imos profundar en Power Automate, que é o servizo de Microsoft que permite a automatización para todos e serve como un compoñente crucial da Power Platform”.
Power Automate está deseñado para facilitar o seu emprego a usuarios empresariais ou departamentais, a crecente comunidade de desenvolvedores cidadáns do mundo, pero tamén ofrece a funcionalidade necesaria para desenvolvedores experimentados. O servizo Power Automate, prosegue Vitae, tamén está concibido para admitir as necesidades dos equipos e administradores de TI modernos, dende automatizar funcións de Tecnoloxías da Información cotiás ata proporcionar seguridade, cumprimento e control sobre o uso e execución de Power Automate en todo o ecosistema TI.
Power Automate pódese empregar para realizar tarefas sinxelas, como a entrega programada de correos electrónicos, ou para integrarase sen problemas con aplicacións empresariais, e tamén para mellorar e automatizar procesos que son complexas e pesadas para os administradores de TI.
Vantaxes para todos os usuarios
-Os usuarios finais, que entenden o negocio e manéxano acotío atoparán en Power Automate unha ferramenta sinxela que lles permitirá resolver os seus propios problemas.
-Os desenvolvedores profesionais beneficiaranse de Power Automate e as súas capacidades de empregar código para desbloquear requisitos complexos, pero tamén das características simplificadas para reducir o tempo para dar forma e aplicar solucións.
-Os profesionais TI automatizarán as funcións tecnolóxicas cotiás ou triviais e aproveitarán as características de seguridade e compliance, o que lles axudará a garantir a gobernanza das organizacións.
-Conexión con servizos dentro e fóra de Microsoft.
-Power Automate non só forma parte do robusto ecosistema de Microsoft senón que con el poderemos aproveitar unha gran variedade de socios certificados da empresa de Windows.
O formador encargado de impartir estes contidos será David Bodero, consultor en tecnoloxía e desenvolvedor informático, con sete anos en postos de responsabilidade como xestor empresarial. Ten experiencia internacional de tres anos e de cinco na supervisión e dirección de equipos multiculturais de ata 30 persoas. É un adestrador experimentado en contornas presenciais e telepresenciais, conta con máis de 1.500 horas impartidas, sobre todo en cursos relacionados con ferramentas de produtividade (Microsoft Office), sistemas e programación. Entre as empresas que formou ou asesorou atópanse ASIME, La Voz de Galicia, PSA Citroen, Plexus, Softek, Vector ou CLUN.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?