Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Biblioteca Nacional preserva unha mostra do contido dixital galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Biblioteca Nacional preserva unha mostra do contido dixital galego

Redacción
Publicado: 04/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

puntogal_0863_arquivadores_1_orixinal.jpgA Biblioteca Nacional de España vén de completar por sexto ano consecutivo a recolección masiva do dominio .gal. Este importante traballo de preservación do noso patrimonio dixital realizouse de novo coa cooperación da Biblioteca de Galicia e PuntoGal. Nesta edición incorporáronse 6.525 dominios fornecidos por PuntoGal, que o mantén desde a súa creación en 2014. Con respecto ao ano pasado o número de sitios web .gal incrementouse nun 6,62%.
Do total de dominios colleitados, o 33 % deles gardouse completamente, mentres que o resto alcanzou o tope de 150 MB por dominio, límite que se establece para este tipo de recoleccións masivas. Con estes parámetros, gardouse un total de 285 GB de información.
O robot Heritrix, o mesmo que se encarga do arquivado de sitios web para o Arquivo da Web Española, comezou o rastrexo dos 6.525 dominios .gal o 26 de outubro, finalizándoo en tan só 14 horas despois. Os avances tecnolóxicos permiten que este proceso se vaia acurtando ao longo dos anos. A primeira recolección do .gal en 2017, que se fixo sobre 4.261 dominios, case 2.300 menos que neste ano, tardou tres días en realizarse.
Desde a entrada en vigor do Real Decreto 635/2015, do 10 de xullo, polo que se regula o depósito legal das publicacións en liña, e no marco do Consello de Cooperación Bibliotecaria, os centros de conservación das comunidades autónomas (os competentes en materia de depósito legal) e a Biblioteca Nacional de España colaboran para a construción e xestión dun depósito legal colaborativo. Nese ámbito de colaboración creáronse colecciones web de alcance e temática autonómica que xestionan os propios centros de conservación. Para a nosa Comunidade Autónoma ese centro é a Biblioteca de Galicia.
Esta recolección masiva do dominio .gal (unida á conservación do dominio .es, realizado desde 2016, ou do dominio .cat, incorporado por primeira vez este ano) permiten ofrecer á Biblioteca Nacional de España, e aos centros de conservación autonómicos que colaboran con ela, unha completa representación sobre o patrimonio cultural español na Internet, que será clave para o estudo da nosa sociedade no futuro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?