Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova oferta formativo-laboral da Pobra pon o foco en competencias clave e a informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova oferta formativo-laboral da Pobra pon o foco en competencias clave e a informática

S. P.
Publicado: 04/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pobra_presentacion_imparticion_certificados_profesionalidade.jpgO Concello da Pobra presentou este venres 4 de novembro dúas novas accións formativas para mellorar a empregabilidade e a capacitación da cidadanía. As dúas propostas, financiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio da Educación e Formación Profesional, son dous dous certificados de profesionalidade que abranguen as competencias clave, por unha banda, e a informática, pola outra, que se van desenvolver no CPR Divino Maestro.
Foi precisamente no Divino Maestro onde tivo lugar a presentación coa concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG); o axente de emprego e desenvolvemento local, Luís Miguel Domínguez; a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez; e Chefa Bretal, directora do centro.
A edil fixo fincapé en que “o emprego é algo fundamental, pero sempre ten que ir parello dunha cualificación profesional, por iso apostamos pola formación”. Este itinerario xorde así das reunións periódicas mantidas cos centros de ensino da localidade.
Segundo explicou, as competencias clave constitúen unha ponte para acceder ao título de graduada/o na ESO para aquelas persoas que cursaron unicamente EXB, ademais de seguir avanzando nos distintos niveis da formación profesional. Adquirirán así coñecementos en competencia matemática do nivel 2 e comunicación en lingua galega e castelá do nivel 2. As clases comezarán no 23 de novembro, de 08.50 a 13.50 horas.
No que respecta ao de informática, afondarase nas operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, que permitirá ocupar postos de traballo como auxiliar de oficina, de arquivo, de dixitalización ou operador/a documental, entre outros. Transcorrerá a partir do día 12 de decembro, dende 16.00 a 21.00 horas.
Tamén se disporá de axudas económicas en función da situación persoal.
Existe un número máximo de 15 prazas por certificado, un 80% dirixido a persoas desempregadas e un 20% a ocupadas. O prazo de matrícula xa está aberto e o trámite deberase formalizar no dito centro de estudos. Máis información no teléfono de contacto do Servizo de Orientación Laboral do Concello: 981 377 610.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?