Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As JAI 2022 comezan o día 14 con cifras históricas de participación, asistentes e conferencias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As JAI 2022 comezan o día 14 con cifras históricas de participación, asistentes e conferencias

S. P.
Publicado: 04/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

2020_xornadas_jai1.jpgAs Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI) da UVigo, impulsadas polo profesor e investigador Ignacio Armesto para tender pontes entre a industria intelixente e os nosos estudantes, volven ao grande este mes de novembro, entre o día 14 e o 18, cunha edición histórica en número de empresas participantes (preto de 125), asistentes rexistrados (2.000, entre profesionais e alumnado) e conferencias (preto de medio cento delas). Tamén hai fitos relevantes no programa desta oitava edición, que vén con catro mesas redondas, dúas moderadas por ISA Spain e as outras dúas por AER Automation, centradas en ciberseguridade, mantemento preditivo, robótica móbil e Visión e Intelixencia Artificial.
A maiores, haberá unha gran exposición sobre robótica que duplicará a cifra de participantes da anterior convocatoria. As JAI tamén contarán coa presenza de Spot Enterprise de Boston Dynamics, o cuadrúpedo co brazo máis avanzado do momento. Todos estes datos foron achegados este venres 4 de novembro durante a presentación das JAI 2022, no Campus de Vigo.
jai3.jpg Participou na cita a vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais da UVigo, Mónica Valderrama, quen gabou o labor desenvolvido ao longo de 18 anos e oito edicións das xornadas polo seu coordinador, o docente e profesor do departamento de Enxeñaría de sistemas e automática, José Ignacio Armesto, ao tempo que manifestou o total apoio da institución académica á iniciativa.
Pola súa banda, Armesto lembrou que o evento ao longo dos anos contou coa participación de alumnado de diferentes titulacións que se imparten na UVigo, de xeito que, “facéndoo o máis profesional posible, teña tamén un toque lúdico, porque a tecnoloxía é divertida, ademais de ter unhas bases de aprendizaxe universitaria”. O coordinador das JAI destacou o innovador desta fórmula, que non existe nin en España, nin fóra, “polo que chama bastante a atención ás firmas, que cando o coñecen, gústalles o formato”.
5-2.jpgAs novidades desta edición complétanse co cambio de localización das conferencias, que está previsto que se desenvolvan no salón de actos da Escola de Telecomunicación, e non na de Enxeñaría Industrial, como viña sendo habitual.
Pola sua banda, o showroom Industria 4.0 si manterá a súa tradicional localización na entrada da EE Industrial, onde nesta 8ª edición daranse cita unha trintena de postos expositivos, que se irán rotando durante os catro días de duración das xornadas e nos que haberá espazo para a robótica lúdica e social, avanzada e móbil e colaborativa. Ademais este ano, terán especial protagonismo nesta área demostrativa as asociacións de estudantes como UVigo SpaceLab ou UVigo Motorsport.
40 horas de conferencias e mesas redondas
2-3.jpg Entre o 14 e o 18 de novembro superaranse as 40 horas de conferencias e mesas redondas, impartidas por 70 profesionais do sector, que abordarán nos seus relatorios cuestións como infraestruturas críticas, monitoraxe e control, activos IT/OT, ciberseguridade industrial e zero trust, o concepto de xemelgo dixital, Intelixencia Artificial, analítica de datos, industria de proceso, etc. Logo da edición integramente virtual do ano 2020, Armesto destacou o traballo realizado desde hai meses para garantir un elevado número de inscricións e asegurou que “semella que a xente ten ganas de volver á normalidade. Ao final o éxito destes eventos mídese pola audiencia e está causando impacto e a todo o mundo que lle explicas esta fusión universidade-empresa, na que eles veñen á nosa casa, lles gusta”. Neste sentido, o coordinador das JAI agradeceu a presenza nesta edición, que tamén se poderá seguir de xeito virtual, de 35 firmas moi recoñecidas no sector, así como dos patrocinadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?