Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEUGA renova a súa imaxe coincidindo co seu 40 aniversario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEUGA renova a súa imaxe coincidindo co seu 40 aniversario

S. P.
Publicado: 08/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

feuga_nova_imaxe_1.jpgCoincidindo co seu 40 aniversario (catro décadas tendendo pontes de innovación, formación, transferencia e empregabilidade entre os campus e o tecido produtivo), a Fundación Empresa-Universidade Galega vén de estrear nova imaxe. A renovación constitúe, en palabras da entidade, “un xiro á identidade corporativa de FEUGA” co obxectivo de reflectir os retos da súa nova etapa e “así poñer o acento na innovación, o impulso do talento e a consolidación das liñas de traballo da fundación no ámbito da Unión Europea”.
A súa renovada marca incide no seu papel de conexión entre universidade e empresa e na transferencia tecnolóxica e de coñecemento como axente catalizador de ideas innovadoras entre Galicia e Europa e que, de forma gráfica represéntase cun símbolo a xeito de ponte que une as dúas letras (EU). “O labor de FEUGA cobra especial relevancia como ligazón entre o ámbito da formación e o das novas necesidades do mercado laboral que demanda perfís innovadores, unha aposta polo I+D+i e unha maior proxección internacional nun mundo globalizado”, explican dende a fundación, engadindo que “a nova identidade corporativa opta por liñas sinxelas, sobrias e vangardistas que incorporan cores vivas dando así unha imaxe contemporánea que reflicte os desafíos que se marca a entidade no seu aniversario”.
feuga_nova_imaxe.jpg En palabras de Javier Pereiro, director de FEUGA, “comezamos esta década mirando ao futuro, abrindo liñas de traballo que cubran as inquietudes e necesidades actuais do tecido industrial galego, dos nosos investigadores e dos titulados universitarios e en formación profesional”.
A renovación da imaxe abrangue a todos os soportes corporativos da fundación, incluída a web de seu e as súas redes, así como a un dos seus buques insignia durante estes 40 anos de percorrido: o portal de bolsas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?