Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 15 de novembro remata o prazo para inscribirse aos Premios Youtubeiras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 15 de novembro remata o prazo para inscribirse aos Premios Youtubeiras

Redacción
Publicado: 08/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

youtubeiras_2022_cartel.jpgYoutubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, pechará o vindeiro martes, 15 de novembro, o prazo de inscrición para a sexta edición dos seus premios. Este certame, cuxas bases se poden consultar na web, repartirá 7.500 euros nas categorías de: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público. Os sete primeiros galardóns contan cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que para o último apartado a cifra ascende aos 500 euros.
Os Premios Youtubeiras celébranse este ano baixo o lema Para a rede, a nosa. Esta máxima procura transmitir fachenda e forza, ademais dun ton enérxico, para subliñar o traballo desenvolvido pola comunidade Youtubeiras dende a súa posta en marcha. Ao abeiro desta iniciativa que vai máis aló duns premios e que xorde da colaboración de institucións que se unen a prol do fomento da lingua, conseguiuse crear e ensanchar unha comunidade viva e dinámica na nosa lingua na Rede. Para continuar pola senda da medra, Youtubeiras este ano ten como obxectivos incentivar a profesionalización dos youtubeiros, poñer en valor a súa figura, achegar espazos de aprendizaxe especializada e promover temáticas aínda pouco tratadas a día de hoxe en galego en YouTube.
Nesta sexta edición, os Premios Youtubeiras experimentan diferentes cambios. Ademais de reestruturar as categorías, modifícanse as bases nun aspecto fundamental para poder concorrer nestes premios. Se o ano pasado resultaba imprescindible para a inscrición contar cunha canle que tivese polo menos cinco vídeos publicados, nesta edición vólvese permitir a presentación de canles cun único vídeo. A organización revisa anualmente as bases dos Premios Youtubeiras, xa que o eido da creación dixital evoluciona e vive fondas transformacións a gran velocidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?