Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Emetel presentou solucións de seguridade permiten ás pemes localizar ciberameazas e neutralizalas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Emetel presentou solucións de seguridade permiten ás pemes localizar ciberameazas e neutralizalas

S. P.
Publicado: 09/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

evento_nextgensoc_besec_by_emetel.jpgBE:SEC by Emetel, marca especializada en solucións e servizos de ciberseguridade da empresa galega Emetel, organizou este luns 7 de novembro, na Coruña, un evento titulado NextGen SOC. Nel reuníronse profesionais CIOS (propietarios dos procesos de negocio) e CISOS (propietarios de infraestruturas básicas) de diferentes empresas e administracións co obxectivo de mostrarlles as mellores solucións para que os centros de operacións de seguridade (SOC polas súas siglas en inglés) fagan monitoraxe das ameazas de ciberseguridade.
Durante a xornada reflexionouse acerca das necesidades de visibilidade integral das ameazas actuais de protección dixital para as organizacións e as distintas solucións dispoñibles nun contexto no que “as ameazas actuais son cada vez máis complexas e utilizan novas tácticas e técnicas que fan que os sistemas e servizos clásicos véxanse superados e obsoletos con facilidade”, sinalaron fontes de Emetel, que presentou, a través de BE:SEC, solucións e servizos de ultima xeración e proxectos lanzados copa participación de referentes mundiais como Extrahop (NDR), CrowdStrike (EDR), Kela (CIP) e ThreatQ (TIP).
“Para BE:SEC”, engadiu a empresa galega, “a aposta polo I+D e a evolución continua é a base da nosa estratexia, por iso desenvolvemos solucións e servizos de forma continua que se adapten a un escenario cada vez máis complexo e mutante”. É por iso que, froito deste investimento, BE:SEC tamén desenvolveu plataformas de ciberseguridade accesibles por medianas e pequenas empresas. “A nosa aposta por I+D e a estreita colaboración cos nosos clientes e distintos organismos oficiais están a dar os seus froitos e permítenos anunciar o próximo lanzamento dunha plataforma de ciberseguridade que será accesible para as medianas e pequenas organizacións”, explicou ao comezo do evento o director de BE:SEC, Fernando Segura. Neste sentido, destacou “o coñecemento, as ferramentas, as metodoloxías e certificacións que dispón de BE:SEC para prestar os servizos diferenciais de alto valor desde o noso SOC de última xeración”.
Durante a xornada, que tivo lugar no Hotel Noa Boutique de Santa Cruz (A Coruña) interviñeron Rafael Tortajada, de Ingecom, Rubén Franco Fernández, de CrowdStrike, Borja Rosales, de Kela Group, e Eutimio Fernández García-Donas, de ThreatQuotient. Tamén participaron o director de Operacións de Ciberseguridade de BE:SEC, Marcos Carro, e Alejandro Franco, especialista de Ciberseguridade do SOC de BE:SEC, quen presentaron a solución desenvolvida pola empresa galega THEIA e mostraron a súa integración co resto das ferramentas mostradas, demostrando a capacidade das mesmas para visibilizar, desde un único punto, logs de sistemas, ferramentas e aplicacións de negocio TI; tráfico de rede, tanto externo como interno (NDR); comportamento dos usuarios e procesos dos endpoints (EDR); información dispoñible das organizacións en Internet e de campañas activas contra elas (CIP); eventos de seguridade xerados por todas estas solucións e contextualización (TIP).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?