Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 40 expertos debaten dende hoxe sobre ciberseguridade en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 40 expertos debaten dende hoxe sobre ciberseguridade en Santiago

Redacción
Publicado: 09/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

221109_cibergal_002x.jpgMáis de 40 expertos, entre os que se atopan algúns dos principais especialistas en seguridade da información de España, participan dende hoxe, en Santiago, na segunda edición do Encontro de Ciberseguridade de Galicia. O encontro foi inaugurado esta mañá nun acto que contou coa participación do director de Infraestruturas e Seguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Adrián Lence; o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela; a secretaria xeral do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), Carla Redondo; e o subdirector xeral do Centro Criptolóxico Nacional (CCN), Luis Jiménez.
Na súa intervención, Adrián Lence indicou que «en ciberseguridade non hai un minuto que perder e é imprescindible a colaboración e o intercambio de información en tempo real». Neste sentido, puxo en valor o modelo de colaboración polo que apostou a Xunta de Galicia, e que permitiu afrontar dunha maneira máis eficaz as situacións provocadas polo aumento no uso das tecnoloxías durante a pandemia e as ameazas das novas guerras híbridas.
Neste sentido, o nodo CIBER.gal, que organiza o encontro, é o primeiro escenario de colaboración público-privada dunha comunidade autónoma española. Foi creado en 2020 e, na actualidade, está integrado por máis de 45 entidades e empresas.
A primeira xornada do encontro está dedicada á seguridade da información nas Administracións Públicas e nas empresas. A Xunta presentou as principais iniciativas en marcha sobre seguridade informática, entre as que se atopa a creación do Centro de Excelencia en Ciberseguridade, que estará en Ourense; ou o acordo marco que permite a administracións e entidades públicas contratar servizos de seguridade. Os asistentes tamén puideron coñecer outros modelos, como o que leva a cabo a Comunidade Valenciana. A sesión da mañá rematou coa intervención de Ramsés Gallego, director internacional de tecnoloxía de CyberRes, considerado un dos maiores expertos españois na materia, que introduciu o concepto de ciber-resiliencia.
A tarde está dedicada á ciberseguridade nas empresas, coa participación de expertos de Abanca, Finsa, Kusilas, Edigal, ISMs Forum ou Telefónica; así como especialistas dos Corpos de Seguridade do Estado.
O encontro será clausurado mañá polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos. A xornada de clausura estará dedicada á concienciación da cidadanía e acollera a final do concurso Ciberseguridade no cole, no que participaron máis de 4.000 escolares de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?