Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 65% das empresas da Coruña de entre 10 e 50 traballadores xa se benefician das axudas de dixitalización do Goberno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 65% das empresas da Coruña de entre 10 e 50 traballadores xa se benefician das axudas de dixitalización do Goberno

S. P.
Publicado: 09/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maria_rivas_subedelegada_kit_dixital_pocomaco.jpgMaría Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña, fixo balance da incidencia na provincia do programa Kit Dixital, que pon en xogo axudas para mellorar a competitividade das pemes e das persoas autónomas a través da transformación tecnolóxica. Foi nunha xuntanza cos representantes da Asociación de Empresas do Polígono de Pocomaco, a quen Rivas agradeceu o traballo de acompañamento e asesoramento que está a desenvolver para que “este programa chegue ao maior número de empresas”. Na reunión Rivas avanzou que o 65% das empresas de entre 10 e 50 traballadores da provincia da Coruña xa se están beneficiando das axudas á dixitalización do Goberno de España cun impacto de 8 millóns de euros en bonos do Programa Kit Dixital.
Tal e como explicou a subdelegada, o Goberno ofrece co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, do que forma parte o Kit Dixital, bonos que van desde os 2.000 euros ata os 12.000 euros, dependendo do tamaño da empresa, coa finalidade de avanzar na dixitalización de áreas clave como presencia en Internet, deseño da web, venda electrónica, xestión de clientes e provedores, oficina dixital, redes sociais, xestión e automatización de procesos e ciberseguridade.
“O futuro é dixital e desde o Goberno de España traballamos para que esa dixitalización chegue a cada empresa da provincia”, sinalou. E nesta tarefa, agradeceu á Asociación de Empresas do Polígono de Pocomaco e á súa presidenta, Lucía López, o traballo de acompañamento e asesoramento que está a desenvolver para que as axudas do Kit Dixital cheguen ao maior número de persoas beneficiarias.
María Rivas tamén destacou a rapidez e eficiencia coa que se están xestionando todos os pedimentos do plan. Así, sinalou que, se se mantén a actual velocidade na solicitude dos bonos, durante 2023 xa estarán repartidos os 3.067 millóns de euros cos que está dotado o Kit Dixital, procedentes dos fondos Next Generation.
Nesta convocatoria, todos os expedientes xestiónanse cunha plataforma creada pola entidade Rede.es, que recibe todas as solicitudes e analiza os requisitos só co pedimento e os datos fiscais do solicitante, sen ningún papel.
Na reunión, a subdelegada lembrou que o Kit Dixital conta con tres convocatorias abertas, que se puxeron en marcha en sete meses, e que agora “conviven de forma paralela”. A primeira liña, para empresas de entre 10 e 49 empregados, conta con axudas de 12.000 euros e o prazo finaliza o 15 de marzo de 2023; a segunda convocatoria, para pemes de entre 3 e 9 empregados, ofrece bonos de 6.000 euros e o prazo está aberto ata o 2 de setembro do ano que vén; e a última, dirixida ás micropemes e autónomos de entre 3 e 0 traballadores, dispón de bonos de 2.000 euros ata o 20 de outubro do 2023.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?