Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Muller Dixital comeza na Pobra cun total de 20 participantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Muller Dixital comeza na Pobra cun total de 20 participantes

S. P.
Publicado: 09/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pobra_inicio_programa_muller_dixital_1_.jpgA Pobra do Caramiñal acolle estes días o desenvolvemento dunha formación destinada a romper barreiras de xénero en materia de capacitación tecnolóxica: o programa Muller Dixital, unha iniciativa na que participan unha vintena de alumnas e que vén da man da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que conta coa colaboración da Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).
O programa iniciouse no 8 de novembro coa participación dun total de 20 mulleres desempregadas ou en mellora de emprego. A finalidade é “que adquiran competencias dixitais e reducir a fenda de xénero a través da capacitación dixital”.
As clases desenvólvense de luns a venres na aula de estudo situada na planta superior da Biblioteca Municipal da Pobra, lugar ata onde se desprazaron na xornada deste xoves 9 de novembro a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), xunto coa axente da igualdade, Carolina Rodríguez, para saudar ás asistentes.
pobra_inicio_programa_muller_dixital_2_.jpg O curso atópase diferenciado en tres bloques temáticos, cunha duración de 40 horas cada un: competencias dixitais básicas, avanzadas e para o emprendemento.
Tras finalizaren, as mulleres integrantes recibirán como agasallo cadansúa tableta cun teclado externo para pór na práctica todo o aprendido.
A dita iniciativa está financiada polos Fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, transformación e resiliencia do Ministerio da Educación e Formación Profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?