Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os obradoiros de R para a rapazada pechan en Nigrán o seu percorrido de outono
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os obradoiros de R para a rapazada pechan en Nigrán o seu percorrido de outono

S. P.
Publicado: 09/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

crea_r_obradoiros_tecnoloxicos.jpgOs obradoiros Crea R impulsados pola operadora R poñen esta fin de semana en Nigrán un punto e á parte no camiño e pechan o seu percorrido de outono na localidade pontevedresa. Alí recalará nesta ocasión o plan didáctico de R pensado para as nosas crianzas, coas novas tecnoloxías e a innovación como eixes centrais. A idea é incidir na aprendizaxe e o emprendemento fomentando, de forma lúdica, as habilidades emocionais e sociais e a creatividade en nenos e nenas de 7 a 12 anos. Este sábado 12, entre as 11:00 e as 13:00 h, a rapazada poderá achegarse, no Centro da Terceira Idade de Nigrán, á beira do Concello (praza da Constitución, 2; Vilameán-Nigrán) a conceptos fundamentais de condutividade e electrónica; e aprenderán a deseñar tamén as bases dun sistema automatizado de rega.
Nos obradoiros Crea R de Nigrán haberá tres propostas, en función da idade das e dos participantes:
–Contos que cobran vida. Para nenas e nenos de 7 e 8 anos. Creando tinta condutiva, aprenderán a integrar conceptos de electrónica con pilas e elementos condutores. Cando saiban como funcionan, artellarán un conto para, finalmente, engadir luces LED á súa historia.
-Sala de operacións. Para nenas e nenos de 9 e 10 anos. Dunha maneira educativa e divertida, mediante a creación dun xogo de operacións que deseñarán e programarán ao seu gusto, as crianzas aprenderán conceptos básicos de condutividade e sinais dixitais, e tamén o funcionamento dun curtocircuíto. Todo iso, a través da chamada placa microbit e de diferentes elementos electrónicos.
-Sistema de rega intelixente. Para nenas e nenos de 10 a 12 anos. Aprenderán a deseñar un sistema automatizado que detecta o nivel de humidade e a temperatura das plantas para saber cando deben regarse, baseándose en sensores de humidade, un sensor térmico integrado e unha placa controladora. Ademais, crearán, dunha maneira visual e amigable, un sistema que lles sirva para entender os datos obtidos.
“A través dunha experiencia divertida, as crianzas conseguer ter máis seguridade en si mesmas e dar saída ao seu talento. Aí están, ademais, os valores do emprendemento e o núcleo dos chamados conceptos STEAM, que engloban a Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñaría, a Arte e a Matemática. Á vez, deixan de ser meras consumidoras pasivas de tecnoloxía e botan man dela creando e aprendendo”, explican dende a operadora de orixe galega.
Para conseguir os devanditos obxectivos, Crea R conta coa bagaxe do método educativo de Líbolis, a escola pioneira do emprendemento infantil na nosa comunidade.
Quen desexe apuntarse e coñecer máis detalles dos obradoiros Crea R, pode facelo a través do blog da operadora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?