Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae Consultores introdúcenos nas vantaxes de crear proxectos coa metodoloxía PM2
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae Consultores introdúcenos nas vantaxes de crear proxectos coa metodoloxía PM2

S. P.
Publicado: 09/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pmp_pmi_proxectos_traballando-2.jpgVitae Consultores vai organizar esta tempada un obradoiro online moi indicado para mellorar o día a día das persoas que se adican a materializar proxectos tecnolóxicos avanzados, actualizando e optimizando non só as metodoloxías de traballo senón o ambiente laboral e o resultado final de cada proxecto. O curso Dirección e xestión de proxectos baixo a metodoloxía PM2 desenvolverase en formato de aula virtual os días 21, 23, 28 e 30 de novembro. Terá 10 horas de duración.
Cubrirá unha metodoloxía de xestión desenvolvida e soportada pola Comisión Europea. O cometido non é outro que facer accesible aos equipos de proxectos unha forma efectiva de traballar en TI.
Segundo informa a consultora galega Vitae, PM2 aporta un contido “sinxelo e doado de aplicar en calquera tipo de proxecto” a través dunha ferramenta que foi desenvolvida para adaptarse ás necesidades específicas, a cultura e as restricións das institucións e administracións públicas europeas. Ademais, incorpora elementos de boas prácticas, estándares e metodoloxías globalmente aceptadas. Os obxectivos principais do curso son os seguintes:
-Dar a coñecer e consolidar o coñecemento sobre a metodoloxía de xestión de proxectos que a CE creou para as súas institucións e provedores das mesmas.
-Preparar ás persoas asistentes no uso dos distintos artefactos (modelos, documentos, rexistros) que PM2 prové xunto co corpo de coñecemento.
O curso está dirixido a profesionais con experiencia na xestión de proxectos e servizos, a responsables de unidades de negocio, directivos e empresarios que desexen adquirir unha visión consolidada da dirección de proxectos.
Tamén está dirixido a perfís con menos experiencia profesional que queiran desenvolver a súa carreira profesional nesta área da xestión.
A persoa encargada de impartir os contidos será Javier Rosa, enxeñeiro industrial pola Universidade Carlos III de Madrid. A día de hoxe é director de Servizos e director técnico en Media Markt, e dirixe unha empresa de consutoría especializada en dirección de proxectos, implantación de sistemas de xestións por procesos, outsourcing e formación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?