Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC a Deputación de Pontevedra vanse de xira polos institutos para fomentar vocacións STEM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC a Deputación de Pontevedra vanse de xira polos institutos para fomentar vocacións STEM

S. P.
Publicado: 10/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

charlas_stema_ragc_depuacion_pontevedra.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra inician a vindeira semana o segundo bloque do III Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, dirixido a alumnado de Secundaria e Bacharelato co gallo de animalo a elixir carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Estas charlas teñen como finalidade “achegar a ciencia e fomentar as vocacións científicas entre a poboación máis nova”, así “como concienciala de que os rapaces e as rapazas teñen as mesmas capacidades e poden chegar a ser o que se propoñan”.
Esta iniciativa está coordinada pola catedrática de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e vicepresidenta da RAGC Alicia Estévez Toranzo.
Ao abeiro deste programa de colaboración, celebraranse cinco conferencias en institutos de Caldas de Reis, Lalín, Baiona, Cangas, e Vigo. Impartiranas investigadores e investigadoras das tres universidades galegas, que ofrecerán ao alumado temáticas atractivas do seu interese.
A primeira charla celebrarase o 17 de novembro no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis, dirixida a alumnado de 2º de Bacharelato Científico do centro. O relatorio versará sobre a transcendencia das matemáticas na sociedade actual, destacando a súa presenza en boa parte do que nos rodea na nosa vida cotiá. Abordará este tema Mª Victoria Otero Espinar, catedrática de Análise Matemática da USC e vicepresidenta da Real Sociedad Matemática Española.
O 18 de novembro no IES Laxeiro de Lalín un grupo de alumnas e alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Ciencia e Tecnoloxía serán os destinatarios dunha nova conferencia. Nesta ocasión Mª Teresa Moreira Vilar, catedrática de Enxeñaría Química do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais da Universidade de Santiago, afondará en como a auga residual se converte nun recurso de gran valor.
A ciberseguridade e a importancia dos piratas informáticos centrará a conferencia do 25 de novembro no IES Primeiro de Marzo de Baiona. Participarán varios grupos de 4º da ESO e Bacharelato do centro. O encargado de impartila será Manuel Caeiro Rodríguez, doutor en Enxeñaría Telemática da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
A seguinte charla versará sobre as microalgas, organismos moi descoñecidos polo conxunto da poboación pero cun grande interese para o funcionamento do noso planeta. Celebrarase o 30 de novembro no IES Monte Carrasco de Cangas, coa participación de alumnado de 3º da ESO. A experta que abordará este tema será Ángeles Cid Blanco, catedrática de Microbioloxía do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.
A derradeira conferencia deste ciclo será o 13 de decembro no CPR Aloya de Vigo para alumnado dos FP da rama sanitaria do centro. Terán a oportunidade de coñecer todo o que o ADN nos conta en relación a un feito criminal. Ofrecerá este relatorio Mª Victoria Lareu Huidobro, catedrática de Medicina Legal e Forense e directora do Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?