Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa podemos votar online polos carballos de Boqueixón e Pontevedra nas súas candidaturas a Árbore de España 2023
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa podemos votar online polos carballos de Boqueixón e Pontevedra nas súas candidaturas a Árbore de España 2023

S. P.
Publicado: 10/11/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

arbore_ano_2023.jpgDende este 10 de novembro e ata o 10 decembro imos poder votar en liña polas candidaturas de Boqueixón e Pontevedra á Árbore de España 2023: o Carballo de Gregorio e máis o Carballo de Santa Margarita, respectivamente. As votacións xa están abertas en vía web.

Contidos
  • O Carballo de Gregorio
  • Icónica árbore pontevedresa
  • Máis candidaturas

O Carballo de Gregorio

O Carballo de Boqueixón
O Carballo de Boqueixón
O Concello de Boqueixón presentou a candidatura desta árbore centenaria que preside a veiga de Sergude, no lugar de Rodiño Grande. A candidatura foi aceptada pola organización Bosques sin Fronteras, que convoca este certame para “significar e poñer en valor árbores que, por distintas características, son merecedoras dun recoñecemento e respecto social”.
O alcalde, Manuel Fernández Munín, fai un chamamento á mobilización “non so da veciñanza de Boqueixón senón de todas as persoas que amamos a natureza a prol do Carballo de Gregorio, unha auténtica reliquia botánica vencellada tanto á capela de San Bieito de Sergude como ao Pico Sacro e toda a súa mitoloxía e lendas relacionadas co mito Xacobeo. Non en van, tanto peregrinos como camiñantes sempre se acolleron baixo a súa sobra e continúan facéndoo”.
O Carballo de Gregorio conta cunha altura de 25,5 metros e un tronco cun perímetro de 4,27 metros. Descoñécese con exactitude a data da súa orixe, se ben se calcula que ten arredor de 110 anos. Dende sempre estivo vencellado ao seu propietario, José Torres, da Casa de Secundino. De feito, a árbore toma o seu nome da antiga taberna que había no lugar: Casa de Gregorio.
O seu arraigamento entre a veciñanza é tal, que durante o século pasado arraigou un peculiar ritual na zona: a veciñanza soterraba aló aos seus animais domésticos falecidos nun intento de darlle forzas e impulsar o seu crecemento. Esta xoia botánica de Boqueixón ten superado moitos problemas ao longo da súa existencia. En primeiro lugar, por estar emprazado nun antigo camiño, ao pé dunha estrada. Isto fixo que a súa base se vira afectada tanto polo asfalto como pola beirarrúa que o rodea. Incluso o seu propietario tivo que preitear para evitar a súa corta. Con todo, non puido evitar que anos máis tarde se lle cortaran varias pólas durante a construción da Alta Velocidade Ferroviaria, pois o seu tamaño era tan grande que impedía o paso aos vehículos co material de construción dos viadutos.

Icónica árbore pontevedresa

O Carballo de Santa Margarita de Pontevedra
O Carballo de Santa Margarita de Pontevedra
A candidatura do lendario Carballo de Santa Margarida foi posible grazas á AC do Sentir do Carballo de Santa Margarida, tras dous anos de traballo, e forma parte dun conxunto de accións encamiñadas a visibilizar e poñer en valor o histórico carballo, como un dos exemplares icónicos do patrimonio natural de Pontevedra e Galicia.
Xa Frei Martín Sarmiento se referiu a el como “Santa Margarida, do Monteporreiro, que ten o carballo maiore do Reino”; e hoxe en día é o ser vivo máis vello da cidade. En palabras do Concello, “constitúe un símbolo por si mesmo, foi e é fonte de inspiración de artistas, ademais de protagonizarse baixo a súa sombra mancheas de acontecementos históricos”. Por outra banda, constitúese como testemuña de vida de xeracións e xeracións das xentes de Pontevedra e de Galicia, presente en moitos momentos das nosas vidas e nas lembranzas de avós e netos.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, amosou a súa “absoluta satisfacción” tras coñecer que o centenario carballo, símbolo, patrimonio e orgullo de Santa Margarida e de Pontevedra, foi elixido para competir con outras sete árbores para representar a España no certame Árbore Europea do Ano 2023. “A pesar dos achaques da idade e das recentes podas de emerxencia que se lle fixeron para aliviar os problemas de sobrepeso nas súas pólas, a súa beleza e incalculable valor material e inmaterial convérteno nun exemplar absolutamente merecedor deste galardón. Para conseguilo, é necesario que, ao igual que o Concello de Pontevedra, toda a cidadanía apoie esta candidatura e entre a votar de xeito masivo”, sinalou Puentes.

Máis candidaturas

Unha vez superada a fase de selección por parte do xurado de Bosques sin Fronteras, o Carballo de Gregorio e o Carballo de Santa Margarita competirán pola distinción como Árbore de España 2023 con o Carballo de Cornellana (Asturias), o Castiñeiro do Tío Trazas Los Santos (Salamanca), o Olmo de Montaña de El Rasillo (La Rioja), o Moral de Villoviado (Burgos), o Piñeiro Gordo de Vilafor de Chasna (Santa Cruz de Tenerife), a Aciñeira do Monte de la Redonda (Cantabria) e o Plataneiro Biar Biar (Comunidade Valenciana).
Dende hoxe, xoves 10 de novembro e ata o vindeiro 10 de decembro, abrirase a votación en www.arbolybosquedelaño.es.
Só se admitirá 1 voto por conta de correo e 5 votacións por dirección IP do ordenador. Bosques sin Fronteras dará a coñecer a árbore gañadora o vindeiro 20 de decembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?