Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta apoia a app Galegas con recursos co programa de axudas para promover o asociacionismo feminino en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta apoia a app Galegas con recursos co programa de axudas para promover o asociacionismo feminino en Galicia

Redacción
Publicado: 11/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20221111_mulleres_en_igualdade.jpgA secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, sinalou hoxe a importancia de fortalecer o asociacionismo feminino en Galicia na presentación da aplicación móbil Galegas con recursos de Mulleres en Igualdade de Tui, unha iniciativa que a Xunta apoiou a través das axudas autonómicas para impulsar as organizacións de mulleres na comunidade galega, que contaron en 2022 cun orzamento próximo aos tres millóns de euros.
En palabras de López Abella, apoiar o movemento feminino avanzando na igualdade de oportunidades e na erradicación da violencia de xénero é progresar “na configuración dunha sociedade máis xusta e equilibrada”. Por iso, lembrou que os orzamentos da área de Igualdade da Xunta crecen para 2023 nun 41,44%, ata chegar aos 44,5 millóns de euros, para seguir mantendo, reforzando e ampliando os recursos neste eido. Respecto a 2021, o aumento é do 61,27%.
A secretaria xeral, ademais de recordar os recursos económicos que a Xunta pon a disposición da sociedade galega para camiñar cara a igualdade e loitar contra a violencia de xénero, lembrou que este ano aprobouse o III Programa Muller e Ciencia 2022-2025, dotado con 44,7 millóns de euros, o orzamento máis alto da súa historia co que se busca que a igualdade rexa o sistema galego da ciencia, tecnoloxía e innovación.
Tamén se referiu á aprobación do VIII Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027 (935 millóns de euros) co obxectivo de asegurar o benestar integral das mulleres na súa ampla diversidade; e á posta en marcha este ano do I Plan galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024 (7 millóns de euros), un documento estratéxico elaborado coa participación das 12 entidades que conforman a Rede Galega contra a Trata e que sitúa a Galicia como referente no fortalecemento dos recursos para as vítimas.
Na presentación da aplicación móbil, informouse, ademais da nova iniciativa, dos recursos que ofrecen os Centros de Información á Muller (CIM), unha rede que en Galicia suman 84 oficinas que prestan servizo a 193 concellos. López Abella destacou a “imprescindible” tarefa que realizan os profesionais dos CIM para asesorar e apoiar ás mulleres galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?