Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Colexio SEK Atlántico de Poio gaña a primeira edición do reto Challenge STEM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Colexio SEK Atlántico de Poio gaña a primeira edición do reto Challenge STEM

S. P.
Publicado: 11/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Un grupo de estudantes do Colexio Internacional SEK Atlántico de Poio acada o primeiro premio na Gran Final do reto Challenge STEM que tivo lugar este venres no Campus Industrial de Ferrol
Un grupo de estudantes do Colexio Internacional SEK Atlántico de Poio acada o primeiro premio na Gran Final do reto Challenge STEM que tivo lugar este venres no Campus Industrial de Ferrol
O grupo de novos talentos científico-tecnolóxicos formado por Jaime Martínez Miramontes, Manuel Fernández Moldes, Frances Lo Schiavo, Carlos González Tourís e Martín Buela Portela, alumnos do Colexio Internacional SEK Atlántico de Poio, acadou finalmente o primeiro premio na Gran Final Presencial do reto Challenge STEM. Fixérono baixo o pseudónimo de Ciencia Viva.
A final celebrouse este venres no Campus Industrial de Ferrol. Logo da súa participación no evento, o centro pontevedrés recibiu unha impresora 3D e os integrantes do equipo gañador cadansúa cámara GoPro.
O segundo premio foi para o alumnado do Colexio Plurilingüe Compañía de María da Coruña
O segundo premio foi para o alumnado do Colexio Plurilingüe Compañía de María da Coruña
O segundo galardón foi para o equipo CMC.01 do Colexio Plurilingüe Compañía de María da Coruña integrado por Candela Garea Veiga, Yago López Solórzano, Marcos Pérez Graíño, Eugenia Sánchez Castelo e Lucas Valencia Solá. O centro coruñés recibiu un dron como agasallo.
Pola súa banda, o terceiro premio foi para o equipo SEK STEAM One do Colexio Internacional Eirís da Coruña, formado por Ruth Rodríguez Naya, Íñigo Fernández García, Rodrigo Sánchez Fuentes, Miguel Barral Buján e José Angel Amarelle Varela. Nesta ocasión, o centro levou un kit de robótica educativa Arduino.
270 estudantes traballando nun mesmo reto
No mes de outubro, preto de 270 estudantes de Bacharelato da rama científica de máis de 50 institutos de toda Galicia, divididos en grupos de entre catro e seis persoas, estiveron a competir, colaborar e traballar para resolver os enigmas dun misterioso buque de metano chamado Mozah. Este desafío en liña puxo a proba os seus coñecementos en materias como as matemáticas, o cálculo, a física, a química, ás ciencias e a tecnoloxía.
Ao longo da mañá do venres, os catro equipos clasificados na final presencial do reto Challenge STEM seguiron afondando na historia deste buque de metano de 400 metros de eslora e 60 de manga, logo de que o Mozah decida abandonar a ría de Ferrol para dirixirse ao seu novo destino e cando un dos integrantes da tripulación, Patxi, caia pola borda. Os 20 estudantes clasificados na gran final presencial, traballaron a contrarreloxo para programar e prototipar unha catapulta que lles permitise lanzarlle un flotador salvavidas e comunicarse co barco máis próximo.
O Colexio Internacional Eirís da Coruña obtivo o terceiro premio no reto Challenge STEM no que participaron preto de 270 estudantes de bacharelato de toda Galicia
O Colexio Internacional Eirís da Coruña obtivo o terceiro premio no reto Challenge STEM no que participaron preto de 270 estudantes de bacharelato de toda Galicia
Listaxe de equipos que participaron na Gran Final Presencial do Challenge STEM
1
CMC.01
Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña)
Candela Garea Veiga, Yago lópez Solórzano, Marcos Pérez Graíño, Eugenia Sánchez Castelo e Lucas Valencia Solá
2
Motor rotativo
IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra)
Martín González Morais, Diego García Abad, Carlos Pampillón Lorenzo e Daniel Piñeiro Freiría
3
SEK STEAM One
Colexio Internacional Eirís ( A Coruña)
Ruth Rodríguez Naya, Íñigo Fernández García, Rodrigo Sánchez Fuentes, Miguel Barral Buján, José Ángel Amarelle Varela
4
Ciencia Viva
Colexio Internacional SEK Atlántico (Poio, Pontevedra)
Jaime Martínez Miramontes, Manuel Fernández Moldes, Frances Lo Schiavo, Carlos González Tourís e Martín Buela Portela

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?