Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ciberseguridade, Airbnb, o ecommerce e Arduino centran os novos obradoiros de SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ciberseguridade, Airbnb, o ecommerce e Arduino centran os novos obradoiros de SmartPEME

S. P.
Publicado: 14/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-16-6.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito mixto, combinando cursos online e presenciais, enmarcados na súa carteira de obradoiros para pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e profesionais en xeral. As accións tratarán temas como a ciberseguridade nos móbiles, a comercialización de aloxamentos con Airbnb, as plataformas para crear tendas en liña e a programación co software-hardware aberto Arduino. Máis datos na web de SmartPEME.
Este luns 14 de setembro, Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, será o encargado de impartir o obradoiro Ciberseguridade, dispositivos móbiles. Este curso ten como obxectivo ver a importancia de protexer os dispositivos móbiles, xa que cada vez somos máis dixitais. Será ás 10.00 horas de xeito telemático. Freire tamén dirixirá o derradeiro dos obradoiros da semana, o xoves 17, Programación con Arduino II. Teórico II. Este curso forma parte dun itinerario que ten como obxectivo iniciarse e adquirir soltura cunha das linguaxes de programación máis populares a día de hoxe: o software-hardware libre Arduino. A actividade combinará unha vertente teórica en liña e talleres prácticos para experimentar o aprendido.
O martes 15 ás 11 da mañá, vía Zoom, será a quenda de Airbnb: comercialización en liña de aloxamentos e experiencias, un obradoiro no que se falará de como converterse en anfitrión de aloxamentos e actividades e cales son as condicións e vantaxes de formar parte desta plataforma dixital. O curso estará guiado por Sonia Torres, posgraduada en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela.
A penúltima das accións formativas celebrarase o mércores 16 pola tarde, ás 18.00 horas, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, será quen imparta o taller Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña, un obradoiro no que se verá a situación actual do comercio electrónico, que pasos dar para crear unha tenda en liña e cales son as mellores plataformas para creala.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?