Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña pon o foco nas novas tecnoloxías coa súa campaña De Fronte á violencia de xénero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña pon o foco nas novas tecnoloxías coa súa campaña De Fronte á violencia de xénero

S. P.
Publicado: 14/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

de_fronte_2_.jpgA área de Igualdade da Deputación da Coruña, que xestiona a deputada María Muíño, volve activar a campaña De Fronte á violencia de xénero. O obxectivo é “incidir na sensibilización e fomentar a reflexión entre a poboación moza”, ao tempo que se pon o foco nas novas novas tecnoloxías como elementos facilitadores das desigualdades de xénero e de prácticas de violencia machista. Na nova edición da campaña, activa xa na páxina web defronte.gal, participan 88 concellos e 59 entidades de carácter social, educativo, sectorial, cultural e deportivo. O programa inclúe actividades tan relevantes e innovadoras como unha ciberquedada xuvenil, vídeos nas redes de Melania Cruz ou un xogo interactivo.
“Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade” explicou María Muíño durante a presentación da campaña. A deputada indicou que “1 de cada 5 rapaces de entre 16 e 25 anos considera que a violencia machista non existe e asimílana como un invento ideolóxico creado polo movemento feminista, e só 4 de cada 10 considera que as desigualdades de xénero son elevadas e causan dano ás mulleres”.

Programación

de_fronte_deputacion_coruna.jpg –Ciberquedada para público xuvenil: as violencias dixitais serán o fío condutor dunha gran quedada que se retransmitirá o día 23 de novembro desde o IES Rosalía Mera e na que participará alumnado de máis dunha vintena de centros educativos de Secundaria. Esta actividade estará dirixida por persoal técnico especializado en violencias dixitais
-Vídeos: A actriz Melania Cruz será a cara visible dos microvídeos que se van pendurar o luns 21 na web da campaña (defronte.gal), e que ofrecerán información para sensibilizar sobre diferentes situacións reais de violencia dixital, traballando temáticas como ciberacoso, sexting, sextorsión, grooming.
-Merchandising. A submisión química será o tema central que se abordará nesta acción. Trátase de facer visibles os casos de submisión química que se están a producir nos últimos anos e o perigo que implican para a integridade física e emocional das mulleres. Entregaranse 10.000 vasos co logo da campaña en centros educativos e na ciberquedada, chamando a atención sobre a necesidade de todas as persoas por igual de desfrutar das bebidas con seguridade.
-Actividades específicas. Crearase un xogo interactivo para público infantil e realizaranse actividades in situ en centros que traballan con persoas con diversidade funcional. Todas as actividades están deseñadas e coordinadas por persoal técnico especializado.
-Acto institucional 25N. O día 25 de novembro ás 09:45h no IES Puga Ramón realizarase a lectura institucional por parte da deputada de Igualdade, na que participarán persoal docente e alumnado do centro e membros da corporación provincial. Neste acto, o alumnado do Conservatorio de Danza da Deputación realizará a estrea dun espectáculo preparado ad hoc para este día.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?