Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Miñones presenta unha acción en TikTok para involucrar á mocidade na loita contra a violencia de xénero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Miñones presenta unha acción en TikTok para involucrar á mocidade na loita contra a violencia de xénero

S. P.
Publicado: 14/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

25n_minones_rey_delegado_alcaldesa_tiktok.jpgO delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, comezou a semana convidando á mocidade galega a construír “unha sociedade máis igualitaria”. Fíxoo durante a presentación dunha actividade creativa en TikTok que persegue involucrar aos mozos e mozas a partir de 13 anos na loita contra a violencia de xénero. A iniciativa, impulsada pola Delegación do Goberno en Galicia, forma parte da programación Meninas 2022 en torno ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25-N.
O delegado difundiu a acción no espazo xuvenil O Remanso, na Coruña, acompañado pola alcaldesa, Inés Rey; a subdelegada do Goberno na provincia, María Rivas; e a tiktoker galega Ireniusx. Ao acto asistiron unha trintena de mozos e mozas do IES Fernando Wirtz.
Nun plano máis concreto, o delegado convidou ás mozas e mozos a expresarse libremente a través da rede social TikTok, de forma individual ou en grupo, seguindo a proposta da Delegación do Goberno, “xa sexa con palabras, cantando, bailando ou como o queirades dicir: non á violencia de xénero”. José Miñones lembrou que 4.200 mulleres en Galicia contan actualmente con seguimento e protección de Policía ou Garda Civil por risco de sufrir este tipo de agresións e que 66 foron asasinadas en Galicia desde 2003, cando se empezaron a rexistrar os crimes machistas. “A violencia machista é unha realidade cruel e inxusta que se ceba co 50% da poboación e que non ten cabida na nosa sociedade”, recalcou.
A Delegación pon en marcha por primeira vez esta iniciativa en TikTok contando coa galega Ireniusx, que ten 6,6 millóns de seguidores na rede social. Ireniusx pendurará un vídeo o domingo pola tarde coa ilustración que realizará a partir do trazo realizado no acto deste luns 14 de novembro por unha moza e un mozo do instituto Fernando Wirtz. Unha vez publicado o vídeo, os usuarios de TikTok poderán compartilo e tamén están convidados a subir os seus propios audiovisuais contra a violencia de xénero coa etiqueta #25NGalicia e as mencións @Ireniusx e @delgobgalicia, nos días próximos ao 25 de novembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?