Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro AtlantTIC abre as súas portas ao público este venres 18
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro AtlantTIC abre as súas portas ao público este venres 18

S. P.
Publicado: 14/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornada-portas-abertas-atlanttic-2022-845x600-1.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo, AtlantTIC, abrirá ás súas portas este venres 18 de novembro en horario de 16.00 a 19.00 horas, para, en palabras do centro, “achegar o seu coñecemento e labor á cidadanía”. Deste xeito, escolares e público en xeral poderán visitar as dependencias deste centro TIC e participar nas visitas guiadas aos laboratorios.
En termos máis concretos, as persoas e grupos visitantes terán a oportunidade de coñecer os espazos onde os equipos do centro colaboran coa Axencia Espacial Europea (ESA) ou impulsan ferramentas que melloren a ciberseguridade, a experiencia accesible dos viaxeiros no Camiño de Santiago, a auto-diagnose de enfermidades ou as posibilidades da 5G, entre outras liñas de traballo vencelladas á computación cuántica, á Intelixencia Artificial ou á fotónica integrada.
“Trátase dunha ocasión única para poder estar en contacto co noso persoal investigador e coñecer de que xeito inflúen no deseño das tecnoloxías do futuro a través da súa colaboración activa en proxectos desenvolvidos para empresas e institucións nacionais e internacionais”, explican fontes do centro vigués, engadindo que baixo o lema Conecta con atlanTTic, unha vintena de investigadoras e investigadores atenderán as dúbidas do público.
Ademais de stands con demostracións, as persoas asistentes poderán visitar tres dos laboratorios do centro nos que traballa o persoal investigador e técnico. Trátase do laboratorio de Seguimento de Satélites, o laboratorio de Fotónica, no que coñecerán máis sobre á revolución dos chips fotónicos; ou o de Acústica, que agocha unha cámara semianecoica, totalmente illada de calquera fonte sonora externa, deseñada e recuberta para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas e cunha sala de control non-enviroment.
Durante esta xornada, o centro ofrecerá espazos para compartir os seus proxectos máis innovadores ou mesmo os resultados das súas últimas investigacións en curso coa finalidade de “achegar a ciencia á cidadanía pero tamén espertar vocacións entre as e os máis pequenos”.
O centro AtlantTIC é un centro de investigación punteiro composto por máis de 170 profesionais que desenvolven coñecemento no campo da privacidade e a seguridade, as tecnoloxías multimedia, as redes de datos, os e-servizos, a bioenxeñaría, o radar, as comunicacións por satélite e, en xeral, as comunicacións radio e ópticas. O seu equipo investigador lidera proxectos H2020 ou colabora coa Axencia Espacial Europea (ESA), obtivo diversos premios ao seu labor, ou pertence a algunhas das academias e sociedades científicas e profesionais máis recoñecidas. Ademais, asinan artigos nas máis prestixiosas cabeceiras sobre ciencia como Science ou Nature.
Na xornada de portas abertas mostrarase boa parte do traballo de atlanTTic entre o que se atopan proxectos como SignaMed, para o emprego do recoñecemento automático de lingua de signos; a aplicación móbil talkAACtive, que axuda a persoas con Trastorno do Espectro Autista no entorno laboral; o Bot de Entretemento e Acompañamento (BEA), para persoas maiores; o proxecto rurAllure, para planificar itinerarios de varias rutas peregrinas europeas; Fawrensian, o software que analiza a veracidade das fotografías; Lightboard, para a educación dixital; LifeTEC, novas ferramentas para a loita contra aos lumes; LitterDrone e BEWATS, teledetección e seguimento de lixo no mar, ou Panoramix, para a detección do deterioro cognitivo.
Entre tódalas e tódolos visitantes o centro sorteará un kit de produtos promocionais do centro. As portas abertas enmárcanse no programa de actividades de Divulgando Ciencia Singular e require inscrición previa que pode realizarse a través da propia web do centro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?